Archive for marzo 10th, 2008
O oráculo obtivo un 100% de acerto nas predicións electorais
7 Comments Published marzo 10th, 2008 in As miñas cousas, Humor, PolíticaHai tres diás publiquei a consulta ó oráculo sobre as elecións ó congreso e senado. Como pode observar todo o que queira comprobalo, o oráculo tivo un 100% de acerto. Este resultado corrobora a miña confianza neste método de adiviñación do futuro. De tal xeito que, en futuras consultas, o resultado do oráculo terá maior peso.
Vou ir desglosando as predicións do oráculo para que se poida aprecia-lo seu total acerto:
- As elecións, efectivamente, foron moi igualadas. Nas elecións gañaron os dous partidos maioritarios: o PSOE é o partido máis votado e o PP foi o partido que máis subiu, pero non se obtiveron maiorías absolutas.
- Mariano Rajoy, grazas en parte ós escaños que perderon entre outros IU, obtiu un resultado que lle garante se-lo candidato do PP a futuras elecións. En futuras elecións, Rajoy gañará as elecións e será presidente do goberno.
- Como se sabe que Mariano Rajoy será algún día presidente do goberno, pódese dar por feito que isto será despois dunhas futuras elecións, polo tanto, haberá máis elecións.
chúzame - Esta foi a campaña electoral na que máis se ninguneou ós partidos minoritarios e como consecuencia tivo os resultados electorais máis bipartidistas da historia. Con respecto ás eleccións do 2004, a suma do PSOE e do PP aumentou en 10 escaños.
Nesta campaña electoral houbo tres grandes debates por televisión [0]. Houbo dous cara a cara entre os candidatos do PSOE e do PP, un ó principio de cada semana de campaña electoral, e un debate entre as outras 4 candidaturas con grupo propio no congreso (CiU, ER, PNV e IU), na segunda semana de campaña electoral. A diferenza de trato dos tres debates por parte dos medios foi brutal. Os dous primeiros foron esperados, publicitados e comentados ó máximo, mentres que o último ía comezar ás 24h. Con iso dise todo. O márquetin da os seus froitos, mellor dito, deunos na xornada de onte.
Pero os medios de comunicación non teñe toda a culpa. Seguramente o principal problema é que o noso sistema democrático é bipartidista dende a médula (método de Hondt). Nunha España plural, como se entende que non haxa representación proporcional no congreso? Como se xustifica a promoción dun sistema que intenta evita-la representación das minorías?
Agora enténdese mellor as palabras do Presidente en funcións "precisamos que haxa tensión". Agora xa se sabe que quería dicir "precisamos que a xente pense no voto útil" ou "precisamos que aumente o bipartidismo".
[0] A nivel galego houbo outro a tres bandas, pero non é comparable.
chúzame - 


