Hai tres diás publiquei a consulta ó oráculo sobre as elecións ó congreso e senado. Como pode observar todo o que queira comprobalo, o oráculo tivo un 100% de acerto. Este resultado corrobora a miña confianza neste método de adiviñación do futuro. De tal xeito que, en futuras consultas, o resultado do oráculo terá maior peso.

Vou ir desglosando as predicións do oráculo para que se poida aprecia-lo seu total acerto:

  1. As elecións, efectivamente, foron moi igualadas. Nas elecións gañaron os dous partidos maioritarios: o PSOE é o partido máis votado e o PP foi o partido que máis subiu, pero non se obtiveron maiorías absolutas.
  2. Mariano Rajoy, grazas en parte ós escaños que perderon entre outros IU, obtiu un resultado que lle garante se-lo candidato do PP a futuras elecións. En futuras elecións, Rajoy gañará as elecións e será presidente do goberno.
  3. Como se sabe que Mariano Rajoy será algún día presidente do goberno, pódese dar por feito que isto será despois dunhas futuras elecións, polo tanto, haberá máis elecións.

7 Responses to “O oráculo obtivo un 100% de acerto nas predicións electorais”

  1. 1 Dan

    Casualidades… 😀

  2. 2 Xosé Otero

    Como ousas dicir tal blasfemia! Acaso dubidas da eficacia do oráculo? :O

  3. 3 Dan

    Censura! Censura! Censuraaaaaaaa!!!!!

    Cousas de xentiña censuraaaaaaaano!!! 😀

  4. 4 Xosé Otero

    What are you talking about, baby?

  5. 5 Xuandi

    Dnd descargo el oraculo?

  6. 6 Xosé Otero

    Xuandi, aquí o tes o código fonte. E si, é unha trapallada, pero coma oráculo funciona tan ben coma calquera outro 😉

  1. 1 Código fonte do oráculo at Cousas de xentiña

Categories

Calendario

Marzo 2008
M T W T F S S
« Xan   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin