O oráculo obtivo un 100% de acerto nas predicións electorais
Published marzo 10th, 2008 in As miñas cousas, Humor, PolíticaHai tres diás publiquei a consulta ó oráculo sobre as elecións ó congreso e senado. Como pode observar todo o que queira comprobalo, o oráculo tivo un 100% de acerto. Este resultado corrobora a miña confianza neste método de adiviñación do futuro. De tal xeito que, en futuras consultas, o resultado do oráculo terá maior peso.
Vou ir desglosando as predicións do oráculo para que se poida aprecia-lo seu total acerto:
- As elecións, efectivamente, foron moi igualadas. Nas elecións gañaron os dous partidos maioritarios: o PSOE é o partido máis votado e o PP foi o partido que máis subiu, pero non se obtiveron maiorías absolutas.
- Mariano Rajoy, grazas en parte ós escaños que perderon entre outros IU, obtiu un resultado que lle garante se-lo candidato do PP a futuras elecións. En futuras elecións, Rajoy gañará as elecións e será presidente do goberno.
- Como se sabe que Mariano Rajoy será algún día presidente do goberno, pódese dar por feito que isto será despois dunhas futuras elecións, polo tanto, haberá máis elecións.
chúzame -
7 Responses to “O oráculo obtivo un 100% de acerto nas predicións electorais”
- 1 Pingback on abr 14th, 2008 at 7:58 pm




Casualidades…
Como ousas dicir tal blasfemia! Acaso dubidas da eficacia do oráculo? :O
Censura! Censura! Censuraaaaaaaa!!!!!
Cousas de xentiña censuraaaaaaaano!!!
What are you talking about, baby?
Dnd descargo el oraculo?
Xuandi, aquí o tes o código fonte. E si, é unha trapallada, pero coma oráculo funciona tan ben coma calquera outro