From BFS to ZFS: past, present, and future of file systems
Published marzo 17th, 2008 in SoftwareAcabo de ler From BFS to ZFS: past, present, and future of file systems[0], un artigo, en inglés, moi interesante e entretido que merece ser recomendado. Trátanse de 8 páxinas coa historia dos sistemas de ficheiros que foron acompañando ós sistemas operativos máis importantes da historia. De cada sistema de ficheiros coméntanse as súas características diferenciadoras e as limitacións que tiñan.
O último parágrafo do artigo é un perfecto resumo do artigo:
Mentres que os sistemas de ficheiros poida que, en si, non parezan excitantes, a súa historia cóntanos a historia de como os ordenador e os sistemas operativos evolucionario cos anos. "Polas súas obras os coñeceremos" é certo tanto para as persoas coma para os sistemas de ficheiros. Coñecendo como garda o sistema un simple ficheiro, un pode chegar a vislumbrar as limitacións e aspiracións dos seus deseñadores.
[0] Vía OSNews.
chúzame -




Moi interesante o artigo, gracias por dar un toque e compartilo… Máis completo do que pensaba nun principio.
A primeira páxina, onde fala de Linus Torvalds, é a máis frouxa. Pero despois hai un pedazo de artigo.
Quero-lhe comentar que não estou para nada de acordo com o que expõe. Fazer um copy&paste fá-lo qualquer, não só citando um parágrafo de um texto se cria uma boa entrada. Tens o blog um pouco abandonado
Home Suso… esta entrada pretendía ser unha ligazón a un artigo que me pareceu moi bo. Traducín ese parágrafo porque me pareceu que é o resumo perfecto do artigo e para intentar atraer a máis xente a ese artigo.