Archive for marzo, 2008
Nos últimos días estanme vindo á cabeza un par de dúbidas sobre as próximas elecións ó parlamento e senado español. Supoño que non é unha problemática particular e que sucederá igual noutros sitios. Esta anotación pretende crear algo de polémica, coa intención de ver se alguén me pode explicar estas dúbidas e/ou convencerme do meu erro.
A primeira destas dúbidas refírese ó suposto anonimato do voto. Parece ser que hai 4 anos non fun votar, posto que me chegou unha carta do PSOE sobre a abscensión e o malo que é para as miñas ideas. Se o voto é anónimo, por que a abstención non o é? É evidente que durante as votacións hai que levar un rexistro da xente que xa votou, pero, que dereito teñen os partidos políticos para saber, 4 anos despois, se votei ou se deixei de votar?
A segunda dúbida refírese ó voto dos emigrantes/inmigrantes. Que dereito teñen os que viven fora do meu país en mandar sobre min? [0] É dicir, eles están a decidir sobre unha cuestión que non lles inflúe directamente. Sendo coherente, tamén estou a favor de que os inmigrante poidan votar dende o momento que xustifiquen que vaian pasar unha porcentaxe da próxima lexisdatura no país.
En resumo: Anonimato da abstención e Voto só para os afectados directamente.
[0] Atención á ironía: preocúpome porque manden sobre min con votos pero non fun votar
chúzame - 


