Archive for Abril, 2008

Acabo de ver o último FUD que lanzou Bill Gates sobre o software libre[0][1] cando falaba sobre a industria farmacéutica (tradución un tanto libre):

"Existe o free software e despois tamén existe o open source", suxire, facendo ver que Microsoft regala o seu software nos países en vías de desenvolvemento. Co open source, pola outra banda, "existe esa cousa chamada a GPL, coa que nós non estamos dacordo". O open source, di, crea unha licenza "de tal xeito que ninguén pode mellora-lo software", afirma, lamentando a oportunidade desperdiciada para o traballo e os negocios. El volve á analoxía das farmacéuticas: "Creo que se ti inventas medicamentos, deberías ser capaz de cobrar por eles", di, engadindo mentres se encolle de ombreiros: "Iso podería parecer radical".

Primeiro: Confunde, apropósito, sen dúbida, o significado de free software aproveitándose de que en inglés "free" significa "gratis" e "libre". O free software é software libre, non gratuíto. Ademais, habería que matizar a afirmación de que Microsoft regala o seu software ós países en vías de desenvolvemento. Cando unha empresa de software privativo di que regala algo, o que nos está a ofrecer é a dependencia que en canto se dispoña de capital haberá que pagar. A típica táctica do camello que pretende aumenta-lo seu mercado.

Segundo: O software libre garinte que calquera poida mellora-lo software, forma parte da definición. O que eu non podo mellorar é o software privativo, do que non dispoño o código fonte. Isto, ademais de FUD, é absurdo.

Terceiro: O software libre véndese e con el as empresas poden facer bastante diñeiro. Que llo digan a Red Hat e a tantas outras...


[0] Via Slashdot.
[1] Definición de FUD.

Chuzame! chuzame -

A recente controversia co trasvase de auga do Ebro dame a oportunidade de soltar toda a demagoxia que tiña gardada dentro. Falan por ahí de que agora volven a haber dúas Españas: a España con auga e a España con sequía. E iso non pode ser, porque tódolos españolitos somos iguais. Así o di a Constitución e o sentido común.

Tódolos españolitos dispoñemos das mesmas infrastucturas e de idéntica calidade. Por exemplo, eu teño exactamente as mesmas vías de comunicación que un españolito de Ávila. Isto é posible grazas a que en 1982 se procedeu á dinamita-los montes da Galiza para deixa-lo terreo prano. Disque era máis doado apranar Galiza que meterlle alturas ó resto.

Tódolos españolitos temos o mesmo nivel de vida. Por exemplo, eu teño exactamente o mesmo poder adquisitivo que un españolito de Navarra. Isto é posible grazas a que en 1986 se aprobou o modelo comunista.

Tódolos españolitos disfrutamos da mesma climatoloxía. Por exemplo, eu teño exactamente as mesmas horas de sol e choiva que un españolito das Illas Canarias. Isto é posible grazas a que en 1979 se procedeu á instalación de lonas sobre todo o territorio patrio. Disque era máis económico quitarlle o Sol ó resto que instalar focos aquí que substituíran o Sol.

De tódolos xeitos, hai algo que non entendo. Se todos somos tan igualiños, por que os xoves dunhas Comunidades Autónomas deciden emigrar a outras?

Creo que vou a unha entrada demagóxica por ano, así que, a non ser que lle colla o gusto: ata o 2009!

Chuzame! chuzame -

Este domingo emitiuse un falso documental chamado Viva la república no que se reconstrue a historia  española partindo do feito de que o bando republicano gañara a Guerra Civil. O documental non pretende ser moi riguroso, pero aínda así, o tema da Segunda Guerra Mundial fíxome saltar.

Segundo o documental, o exército alemán invadiu a maior parte da península, pero foron parados en Andalucía grazas á axuda do exército británico. As cousas seguiron así ata que no 42 entrou na guerra Estados Unidos e as tres forzas reconquistaron o territorio invadido polos alemáns.

Na realización do documental contaron coa colaboración dun historiador, así que, o que segue débese considerar as trapalladas dun individuo interesado pola Segunda Guerra Mundial.

Chuzame! chuzame -

O outro día interesáronse polo código do oráculo que utilicei para face-las acertadas predicións sobre as recentes elecións xerais. Pois ben... aquí está. Está escrito en python, así que con copia-lo texto nun ficheiro (oracle.py, por exemplo) e executa-lo no intérprete de python xa teremos un oráculo plenamente funcional!

Chuzame! chuzame -

Simple WorldAcabo de publicar Simple World 1.0a4. Tiña pensado que esta fose a beta 1, pero debido a que houbo máis cambios do que pensaba e que estes son incompatibles coas versións anteriores, decidín sacar unha cuarta versión alpha. Espero que agora sexa á definita...

Os cambios principais son:

  1. Novas instrucións para a CPU.
  2. Novos rexistros na CPU e renomeamento dalgún deles (sp, fp, cs).
  3. Cambios na base de datos.

O código fonte pódese descargar dende as seguintes ligazóns:

Xa me da medo dicilo... pero se non atopo nada estrano nos seguintes meses, non debería faltar moito para a primeira beta. Esta beta traerá, polo menos, un cambio na base de datos, pero teño pensado facer un programa que actualice a base de datos dunha versión para a máis nova así que non dará moitos problemas.

Chuzame! chuzame -



About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the month Abril, 2008.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

Abril 2008
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  
3K2 theme by Hakan Aydin