Archive for abril 14th, 2008
Código fonte do oráculo
3 Comments Published abril 14th, 2008 in As miñas cousas, HowTos, Humor, Programación, Software LibreO outro día interesáronse polo código do oráculo que utilicei para face-las acertadas predicións sobre as recentes elecións xerais. Pois ben... aquí está. Está escrito en python, así que con copia-lo texto nun ficheiro (oracle.py, por exemplo) e executa-lo no intérprete de python xa teremos un oráculo plenamente funcional!
chúzame -
Acabo de publicar Simple World 1.0a4. Tiña pensado que esta fose a beta 1, pero debido a que houbo máis cambios do que pensaba e que estes son incompatibles coas versións anteriores, decidín sacar unha cuarta versión alpha. Espero que agora sexa á definita...
Os cambios principais son:
- Novas instrucións para a CPU.
- Novos rexistros na CPU e renomeamento dalgún deles (sp, fp, cs).
- Cambios na base de datos.
O código fonte pódese descargar dende as seguintes ligazóns:
- Simple World 1.0a4 (formato tar.bz2)
- Simple World 1.0a4 (formato zip)
Xa me da medo dicilo... pero se non atopo nada estrano nos seguintes meses, non debería faltar moito para a primeira beta. Esta beta traerá, polo menos, un cambio na base de datos, pero teño pensado facer un programa que actualice a base de datos dunha versión para a máis nova así que non dará moitos problemas.
chúzame - 


