Simple World 1.0a4
Published abril 14th, 2008 in Simple World, Software Libre
Acabo de publicar Simple World 1.0a4. Tiña pensado que esta fose a beta 1, pero debido a que houbo máis cambios do que pensaba e que estes son incompatibles coas versións anteriores, decidín sacar unha cuarta versión alpha. Espero que agora sexa á definita...
Os cambios principais son:
- Novas instrucións para a CPU.
- Novos rexistros na CPU e renomeamento dalgún deles (sp, fp, cs).
- Cambios na base de datos.
O código fonte pódese descargar dende as seguintes ligazóns:
- Simple World 1.0a4 (formato tar.bz2)
- Simple World 1.0a4 (formato zip)
Xa me da medo dicilo... pero se non atopo nada estrano nos seguintes meses, non debería faltar moito para a primeira beta. Esta beta traerá, polo menos, un cambio na base de datos, pero teño pensado facer un programa que actualice a base de datos dunha versión para a máis nova así que non dará moitos problemas.
O ChangLog completo é este:
- Actualización á versión 2 da base de datos.
- Engadido o campo attack_multiplier (un multiplicador para a enerxía dos ataques) á táboa Environment.
- Elimación do campo energy_developed da táboa Environment posto que non se usaba.
- Engadido do rexistro fp (frame pointer) para axudar ós programadores a usar variables locais.
- Renomeado do rexistro itp a cs (control & status), que ten 16 bits para o itp.
- Renomeado do rexistro stp a sp.
- Engadida a directiva .ifndef para definiar un identificador so se non está definido.
- Permitir que as definicións se refiran a calquera cousa: un número, unha instrución, etc.
- Face-los saltos relativos ó pc.
- Engadidas as instrucións loadhi, callr, bz e bnz.
- Eliminadas as instrucións multlu, multlui, divu, divui, modu e modui por seren innecesarias.
- Cambio nas mutacións: rempraza-la permutación dunha palabra polo cambio dunha palabra.
chúzame -




Só un detalliño; ó final non deixaches o link para poder botarlle un vistazo ó código desta nova Alpha.
Grazas, xa está correxido.