Archive for abril 15th, 2008
“Viva la república” e a Segunda Guerra Mundial
3 Comments Published abril 15th, 2008 in As miñas cousasEste domingo emitiuse un falso documental chamado Viva la república no que se reconstrue a historia española partindo do feito de que o bando republicano gañara a Guerra Civil. O documental non pretende ser moi riguroso, pero aínda así, o tema da Segunda Guerra Mundial fíxome saltar.
Segundo o documental, o exército alemán invadiu a maior parte da península, pero foron parados en Andalucía grazas á axuda do exército británico. As cousas seguiron así ata que no 42 entrou na guerra Estados Unidos e as tres forzas reconquistaron o territorio invadido polos alemáns.
Na realización do documental contaron coa colaboración dun historiador, así que, o que segue débese considerar as trapalladas dun individuo interesado pola Segunda Guerra Mundial.
chúzame - 


