A igualdade de tódolos españolitos
Published Abril 17th, 2008 in As miñas cousas, PolíticaA recente controversia co trasvase de auga do Ebro dame a oportunidade de soltar toda a demagoxia que tiña gardada dentro. Falan por ahí de que agora volven a haber dúas Españas: a España con auga e a España con sequía. E iso non pode ser, porque tódolos españolitos somos iguais. Así o di a Constitución e o sentido común.
Tódolos españolitos dispoñemos das mesmas infrastucturas e de idéntica calidade. Por exemplo, eu teño exactamente as mesmas vías de comunicación que un españolito de Ávila. Isto é posible grazas a que en 1982 se procedeu á dinamita-los montes da Galiza para deixa-lo terreo prano. Disque era máis doado apranar Galiza que meterlle alturas ó resto.
Tódolos españolitos temos o mesmo nivel de vida. Por exemplo, eu teño exactamente o mesmo poder adquisitivo que un españolito de Navarra. Isto é posible grazas a que en 1986 se aprobou o modelo comunista.
Tódolos españolitos disfrutamos da mesma climatoloxía. Por exemplo, eu teño exactamente as mesmas horas de sol e choiva que un españolito das Illas Canarias. Isto é posible grazas a que en 1979 se procedeu á instalación de lonas sobre todo o territorio patrio. Disque era máis económico quitarlle o Sol ó resto que instalar focos aquí que substituíran o Sol.
De tódolos xeitos, hai algo que non entendo. Se todos somos tan igualiños, por que os xoves dunhas Comunidades Autónomas deciden emigrar a outras?
Creo que vou a unha entrada demagóxica por ano, así que, a non ser que lle colla o gusto: ata o 2009!
chuzame -




Ola!
Pois sí, pura demagoxia, pero inda así é difícil opinar sen demagoxia neste tema.
Sonche un galego emigrado na Barna. E polo que vexo eiquí…
Certo é que ata os máis independentistas están dacordo en ‘quitarlle’ auga a outras comunidades (pero non queren independizarse?)… certo é que se noutras comunidades toda a auga non lles fai falta, ben poden compartila… ben certo é que esta falta de auga ben propiciada por un alto nivel de vida, polo descontrol no consumo da auga, polas avarías en tuberías con inimaxinables cantidades de pérdidas, mais, sobretodo, á falta de choivas…
Non sei, difícil opinar. O triste é que (entendendo España como a única nación que aínda é) terminaremos por mercarlle a auga a Francia no lugar de reparti-la entre nós.
Neste asunto hai moito político populista. Espero que sega chovendo por ahí e non haxa que depender deles
Certo; segundo a Constitución somos iguais ante a lei, sen descriminación bla bla bla, non noutro suposto; aínda que sexa de sentido común.
Por falar demagoxicamente; a queixarse todos os españolitos de non ter o mesmo pito que Nacho Vidal ou os cartos de Amancio Ortega…
As entradas así son moi entretidas de leer, és un aburrido de non facer máis