Archive for abril 24th, 2008

Acabo de ver o último FUD que lanzou Bill Gates sobre o software libre[0][1] cando falaba sobre a industria farmacéutica (tradución un tanto libre):

"Existe o free software e despois tamén existe o open source", suxire, facendo ver que Microsoft regala o seu software nos países en vías de desenvolvemento. Co open source, pola outra banda, "existe esa cousa chamada a GPL, coa que nós non estamos dacordo". O open source, di, crea unha licenza "de tal xeito que ninguén pode mellora-lo software", afirma, lamentando a oportunidade desperdiciada para o traballo e os negocios. El volve á analoxía das farmacéuticas: "Creo que se ti inventas medicamentos, deberías ser capaz de cobrar por eles", di, engadindo mentres se encolle de ombreiros: "Iso podería parecer radical".

Primeiro: Confunde, apropósito, sen dúbida, o significado de free software aproveitándose de que en inglés "free" significa "gratis" e "libre". O free software é software libre, non gratuíto. Ademais, habería que matizar a afirmación de que Microsoft regala o seu software ós países en vías de desenvolvemento. Cando unha empresa de software privativo di que regala algo, o que nos está a ofrecer é a dependencia que en canto se dispoña de capital haberá que pagar. A típica táctica do camello que pretende aumenta-lo seu mercado.

Segundo: O software libre garinte que calquera poida mellora-lo software, forma parte da definición. O que eu non podo mellorar é o software privativo, do que non dispoño o código fonte. Isto, ademais de FUD, é absurdo.

Terceiro: O software libre véndese e con el as empresas poden facer bastante diñeiro. Que llo digan a Red Hat e a tantas outras...


[0] Via Slashdot.
[1] Definición de FUD.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day xoves, abril 24th, 2008.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

abril 2008
L M M X V S D
« mar   mai »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  
3K2 theme by Hakan Aydin