Archive for xuño 6th, 2008
Nuns minutos comezará a final da NBA entre os Boston Celtics e os Los Angeles Lakers. Esta era a final soñada pola maioría dos seguidores desta competición dende o principio da competición. Este primeiro partido poderá seguirse por cuatro, pero non si se tamén se poderá ve-lo resto de partidos en aberto, aínda así, sempre podemos tirar de roja directa para ve-los por internet.
Para entender o que significa esta final só hai que mirar ós números. Xogáronse 58 tempadas da NBA dende que se fundara en 1950. Na metade delas, en 29 ocasións, o gañador foi ou os Lakers ou os Celtics. Os Celtics son o equipo con máis títulos, cun total de 16 aneis, mentres que os Lakers son os segundos con máis títulos, cun total de 13 aneis. As finals Lakers-Celtics marcaron as décadas dos 60 e dos 80, onde case tódolos se enfrontaban na final. Así a todo, dende 1988, hai 20 anos, non se producía esta final.
Os Celtics foron os favoritos dende que se anunciou que despois dun par de incorporacións estelares contarían no seu equipo co "Big Three": Ray Allen, Paul Pierce e Kevin Garnett. Os Celtics foron moi constantes durante toda a tempada e conseguiron dominar con relativa facilidade a conferenza oeste.
Pola contra, ninguén daba un peso polos Lakers antes de comeza-la tempada. Os Lakers non realizaron ningunha fichaxase estraordinaria, máis aló dun veterano Derek Fisher. Pero grazas a un sorprendente inicio de tempada de Andrew Bynum alcanzaron o primeiro posto da conferenza leste durante varias semanas durante finais de ano e comezo de ano. Lamentablemente a mediados de xaneiro Bynum lesionouse e con esta lesión parecía que tódalas posibilidades de gaña-lo anel se esvaeceran. Todo cambiou cando en febreiro se fixeron cos servizos de Pau Gasol sen ter que se desfacer de ningunha peza importante do seu equipo. Dende a chegada do catalán, os Lakers foron o equipo que mellor xogaba e máis seguridade daba de cara ós playoffs.
chúzame - 


