Nuns minutos comezará a final da NBA entre os Boston Celtics e os Los Angeles Lakers. Esta era a final soñada pola maioría dos seguidores desta competición dende o principio da competición. Este primeiro partido poderá seguirse por cuatro, pero non si se tamén se poderá ve-lo resto de partidos en aberto, aínda así, sempre podemos tirar de roja directa para ve-los por internet.

Para entender o que significa esta final só hai que mirar ós números. Xogáronse 58 tempadas da NBA dende que se fundara en 1950. Na metade delas, en 29 ocasións, o gañador foi ou os Lakers ou os Celtics. Os Celtics son o equipo con máis títulos, cun total de 16 aneis, mentres que os Lakers son os segundos con máis títulos, cun total de 13 aneis. As finals Lakers-Celtics marcaron as décadas dos 60 e dos 80, onde case tódolos se enfrontaban na final. Así a todo, dende 1988, hai 20 anos, non se producía esta final.

Os Celtics foron os favoritos dende que se anunciou que despois dun par de incorporacións estelares contarían no seu equipo co «Big Three»: Ray Allen, Paul Pierce e Kevin Garnett. Os Celtics foron moi constantes durante toda a tempada e conseguiron dominar con relativa facilidade a conferenza oeste.

Pola contra, ninguén daba un peso polos Lakers antes de comeza-la tempada. Os Lakers non realizaron ningunha fichaxase estraordinaria, máis aló dun veterano Derek Fisher. Pero grazas a un sorprendente inicio de tempada de Andrew Bynum alcanzaron o primeiro posto da conferenza leste durante varias semanas durante finais de ano e comezo de ano. Lamentablemente a mediados de xaneiro Bynum lesionouse e con esta lesión parecía que tódalas posibilidades de gaña-lo anel se esvaeceran. Todo cambiou cando en febreiro se fixeron cos servizos de Pau Gasol sen ter que se desfacer de ningunha peza importante do seu equipo. Dende a chegada do catalán, os Lakers foron o equipo que mellor xogaba e máis seguridade daba de cara ós playoffs.

As traxectorias dos dous equipos nos playoffs foi bastante diferente. Os Celtics pasaron moitos apuros para supera-las dúas primeiras eliminatorias, tendo que chegar ó séptimo partido én ámbalas dúas. Estas dúas eliminatorias conseguíronas superar grazas á avantaxa de campo, posto que só gañaron os partidos de casa. Na final de conferenza cambiou un pouco o guion. Primeiro, perderon un partido na casa e gañaron dous fora para eliminar a Detroit Pistons en seis partidos. O principal problema que sufriron os Celtics nos playoffs foi que case nunca estiveron os Big Three ó seu maior nivel ó mesmo tempo.

Os Lakers tiveron un camiño ata a final sinxelo, e só tiveron relativos problemas contra os San Antonio Spurs na final de conferenza. Chegaron á final de conferenza despois de gañar a primeira eliminatoria en 4 partidos e a segunda en 5; sen problema algún. Pero ó se enfrontaren ós San Antonio Spurs Kobe Bryant foi o único xogador que amosou un bo nivel no bando dos Lakers, co resto dos titulares por debaixo dos seus números e moi por debaixo do seu nivel de xogo normal.

E así é como chegamos ó primeiro partido da final. Uns Celtics que deslumbraron na liga regular pero que estiveron moi apagados nos playoffs e uns Lakers que amosaron que se o grupo non funciona e non sempre poden contar co mellor xogador da actualidade, Kobe Bryant. Por tanto, a priori os favoritos son os Lakers.

A miña predición? Pois… lévoo pensando bastante dende o final da semana pasada. Penso que os favoritos son os Lakers, o que non teño nada claro é o resultado. Todo depende de se Derek Fisher, Lamar Odon ou Pau Gasol van a estar ó seu mellor nivel ou non. Se no quinteno inicial dos Lakers hai un par de xogadores que acompañen en puntuación a Kobe Bryant, estou bastante convencido de que os Lakers poderían gañar en cinco partidos, un 4-1. Pero se ninguén acompaña a Kobe Bryant e os Lakers dependen totalmente del, a menos que os Big Three estexan ó seu mellor nivel, posiblemente aínda poidan gañar en sete partidos, un 4-3 nun séptimo partido en Boston de infarto. O partido de hoxe será fundamental para ver como funcionarán as pezas de ámbolos dous equipos durante toda a final.

Esperemos que a final non decepcione e que os dous equipos den un espectáculo ó nivel esperado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 Responses to “Los Angeles Lakers vs Boston Celtics”

  1. 1 Xosé Otero

    PD: Con todo, o partido de hoxe penso que o gañarán os Celtics, só espero que non por moito e que esté reñido. Se os Celtics perden hoxe a avantaxe de campo penso que xa podemos ir dando por campións ós Lakers.

  2. 2 Dan

    Atentos al Twitter de este señor y sus pronósticos baloncestísticos… fijo que falla :D

  3. 3 Xosé Otero

    Polo de agora acertei o resultado do primeiro partido :p

  4. 4 Dan

    Todo palabraría…


Categories

Calendario

Xuño 2008
L M M X V S D
« Mai   Set »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
3K2 theme by Hakan Aydin