Python Sudoku 0.13
Published setembro 19th, 2008 in Python SudokuDespois de dous anos dende a última versión de Python Sudoku xa ía sendo hora de sacar unha versión nova... Python Sudoku 0.13 non trae melloras moi significativas nin arranxos de erros, pero espero que sexa unha versión de transición ata un código máis limpo, fácil de manter e extender.
Por certo, se alguén está interesado na programación en python, nos sudokus e quere axudar no desenolvemento de Python Sudoku que levante a man; dous anos para sacar unha nova versión é moito tempo...
Novas características:
- Dividi-lo script en varios scripts con funcións específicas: pysdk.py para crear e resolver sudokus dende a liña de comandos, pysdk-pdf.py para crear PDFs, pysdk-image.py para crear imaxes and pysdk-gui.py para a interface gráfica.
- Simplificación da configuración.
- Engadida a opción -t | --test para obte-la dificultade dun sudoku.
- Engadida a opción --force para asegurarse de que a dificultade dun sudoku se corresponde exactamente coa dada.
- Soporte para abrir ficheiros .sdk entre distintos sistemas con diferentes separadores de liña.
Descargas:
Instalación/configuración:
Baixando o código fonte:
- Descarga-lo código fonte e descomprimi-lo.
- Opcional: edita-lo ficheiro pysdk.cfg do directorio descomprimido.
- Executa-los scripts.
Empregando o paquete debian:
- Descarga-lo paquete debian e instala-lo.
- Opcional: copia-lo ficheiro /usr/share/doc/pythonsudoku/pysdk.cfg no directorio persoal coma ~/.pysdk.cfg (ollo ó punto ó inicio do nome do ficheiro) e edita-lo.
- Executa-los scripts (ter en conta que coa instalación dende o paquete debian os scripts non teñen extensión .py).
chúzame -




Ufff… ahora que me fijo 0.13; mal número jejeje
Suerte con el ‘nuevo’ rumbo del proyecto!!!!
Poco movimiento hay en el blog desde hace tiempo; vas a tener que sacar nuevas versiones de proyectos con más asiduidad