Archive for decembro, 2008
Barry Warsaw acaba de publica-la versión 3.0 de Python. Esta versión non é unha versión máis, marca un antes e un despois. Ata o de agora a prioriedade estaba en ser compatible cara atrás. Engadíanse nova funcionalidade en cada nova versión, pero o código das versións anteriores seguía sendo válido nas novas versións. Co tempo viuse que había algúns aspectos da linguaxe que podía ser mellorada, pero non se podía mellorar porque racharía a compatibilidade coas versións anteriores. Así, dende hai bastantes anos falábase de dunha nova versión, coñecida coma Python 3000 ou py3k, que arranxaría tódolos problemas. Ó principio parecía máis un mito que outra cousa, pero hoxe esta versión mítica fíxose realidade. Cae un mito e nace unha realidade.
Durante un tempo seguirase a desenvolver dúas ramas da linguaxe. Por un lado, o desenvolvemento da rama 2.x centrarase no arranxo de erros e en facilita-la transición á nova rama. Por outro lado, o desenvolvemento da rama 3.x centrarase na inclusión de funcionalidade de nova funcionalidade, como certos aspectos que se querían introducir para a versión 3.0 pero que por falta de tempo non se puido engadir. Desto xeito, a versión a versión 2.6, engadiu as novas clases que se engadiron na versión 3.0 e que non son incompatibles coa rama 2.x. Espérase sacar, alomenos, outra nova versión da rama 2.x que engadirá a nova funcionalidade introducida na versión 3.1.
chúzame - 


