Hoxe, mércores 10 de maio, ás 12 de mañá, presentouse mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre. mancomún.org é unha iniciativa da Xunta de Galicia para implanta-lo Software Libre en Galiza, para iso pretende ser:

o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre Software Libre que se están desenvolvendo dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.

Os obxectivos de mancomún.org son:

1. Facilitar o desenvolvemento industrial de factorías de software en Galiza.
2. Achegar a Sociedade da Información e o Coñecemento á sociedade galega.
3. Potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.

O que me pareceu máis interesante é a FAQ de mancomun.org, onde atopamos información fundamental para entender qué é o Software Libre:

O sinxelo sería falar dos menores custes de licencias e pasar da motifación ética que hai detrás do Software Libre, pero na páxina ata copiaron a definición de Richard Stallman das 4 liberdades do Software Libre.

Dende as últimas eleccións parece que a Xunta está a apostar polo Software Libre. Algúns exemplos:

A ver ata onde chegan.O texto entrecomiñado está sacado da páxina de mancomun.org e está baixo esta licencia Creative Commons.


Categories

Calendario

Maio 2006
M T W T F S S
« Abr   Xuñ »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin