Cando te matriculas na UNED mándanche cubrir tódolos anos o Impreso C. Este impreso contén datos persoais que considero privados, ou cando menos non relevantes para a UNED.

Neste impreso pregúntanche datos como a forma de acceso á UNED, nota ou ano de inicio dos estudos universitarios. Estes datos son innecesarios. Se teñen unha base de datos cos datos persoais, por que me mandan cubrir estes datos tódolos anos? O absurdo do asunto amósase con este outro impreso que só hai que cubrir “si se matricula por primera vez en la UNED o si se han modificado los datos personales después de la última matrícula”.

Pero non acaba aquí a cousa, o tema que realmente me cabrea é que che preguntan sobre os estudos e traballo dos pais. Para que precisa a UNED estes datos? Na documentación que che dan para cubri-los imrpesos non se menciona a razón nin o destino destes datos e ten toda a pinta de acaberen fora da UNED. Este impreso parece o típico impreso para facer estatísticas sobre os universitarios, pero por que non pode ser un impreso anónimo? O primeiro que se pide é o DNI/Pasaporte.

Impreso da UNED Impreso da UNED
Á esquerda a primeira proba da acusación: o Impreso C.
Á dereita a segunda proba da acusación: o impreso para o cambio de datos persoais.

Actualización: Hoxe, ó cubrir os impresos esperando ó último día, vin que o Impreso C era chamado “Estadística universitaria”, así que queda confirmado o obxectivo deste impreso. Tamén queda constatado o obsoleto do mesmo, xa que nos para escribir os anos escolares, para o primeiro ano aínda esta ó 19__.


4 Responses to “Datos persoais reiterados na matrícula para a UNED”

  1. 1 Dan

    Paréceme mais ben e por seguir un modelo de matrícula anticuada e arcaica; en épocas onde as bases de datos eran de engorroso acceso e por iso preguntábase unha e outra vez o mesmos datos e agora mamamos desde entón. Non só as matrículas senon moitos outros impresos oficiales deberíanse de revisar, xa que non son poucas a veces que hay que escribir unha e outra vez o mismo oco.

    O que é delitivo e na estadística pedir o D.N.I junto con datos moi persoais. É para hacer unha bola e tirarllo á cara dos que tiveron a idea.

  2. 2 Xosé Otero

    Tódolos anos mento neste impreso:)

    Sempre me lío cos estudios realizados para acceder á universidadede (COU ou Ciclo Superior?), a nota de acceso (quen carallo se acorda diso?) ou ano no que me matriculei por primeira vez na Universidade.

    Este ano tocou mentir sobre a nota de acceso e o ano en que me matriculei por primeira vez.

  3. 3 ifrit

    Eu creo que se eses datos só son para facer estatísticas, se non os cubres non pasa nada… Podías probar 😉

  4. 4 Xosé Otero

    Xa probei o ano pasado e non colou 🙁 Dinche que se miras na documentación, verás que os datos precisos para a matrícula son: impreso coas asinaturas, impreso C, dúas fotos e fotocopia do DNI. E de ahí non os sacas.


Categories

Calendario

Outubro 2006
M T W T F S S
« Set   Nov »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
3K2 theme by Hakan Aydin