Vía chuza! chego ata El cisma asiático amenaza la unidad de Internet. Nesta nova dise que se producirá unha división de Internet motivada pola imposibilidade dos asiáticos de empregar caracteres propios para o nome das páxinas web.

É falso que non poidan empregar caracteres asiáticos (non ASCII), xa que en 2003 empezáronse a rexistrar nomes de dominio internacionalizado (IDN). O problema desta solución é que é unha solución do lado do cliente, os dominios son convertidos a caracteres ASCII polo que os servidores DNS non se teñen que modificar para que acepten caracteres Unicode. O ideal sería que os dominios se codificaran en UTF-8 (para manter a compatibilidade cos dominios actuais), con que non habería que facer unha conversión dos caracteres UNICODE a ASCII no lado do cliente.

Un problema real que ten Asia é que as IPs de IPv4 non están ben repartidas: a maioría están asignadas a EE.UU, aproveitando que a entidade que que asigna as IPs, a ICANN está alí e está baixo a tutela do seu governo. Así, danse casos nos que alguna universidades de aló ten unha cantidade de IPs sorprendente. Isto pode provocar o cambio de IPv4 a IPv6 dunha vez, despois de máis de 10 anos de existenza do segundo. A Internet actual funciona con IPv4 co que se ten un máximo de 2×10^9 IPs, o que só chega para unha IP para cada 3 habitantes do planeta. Pola súa banda, IPv6 ten un máximo de 3 * 10 ** 38 IPs, o que chega para 5×10^28 IPs por cabeza. De tódolos xeitos, o 6 de xuño deste ano o IPv6 entrou en produción.

Así que, as solucións para resolve-los problemas de Asia están preparadas e estanse poñendo en marcha. Quen ten que ter coidado con facer unha rede onde todos estexamos agusto é occidente (EE.UU. en realidade). A división de internet, de se producir, produciríase polo egocentrismo de occidente. As cousas cambiaron dende que Internet empezou e máis van a cambiar nos próximos anos. Occidente deixará de ter o poder que ten ata o de agora e oriente deixou atrás a analfabetización tecnolóxica (China xá é segundo pais en número de internautas, só superado por EE.UU.). Hai que asumi-lo cambio.


Categories

Calendario

Outubro 2006
M T W T F S S
« Set   Nov »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
3K2 theme by Hakan Aydin