apt-get baixando diffs

Logotipo de debianSon usuario de debian dende hai moitos anos, e agás un día, sempre coa rama inestable. Hoxe ó facer o apt-get update rutinario, para a miña sorpresa, decátome de que non tardou nada en facelo. Dende hai algún tempo o Packages.gz ocupaba máis de 3 MBs e algo tarda…

Mirando a saída do comando observo estas liñas “raras”:

Rcb:9 http://http.us.debian.org sid/main Packages/DiffIndex [12,6kB]

Rcb:13 2006-05-11-1340.12.pdiff [17,4kB]
Rcb:14 2006-05-11-1340.12.pdiff [17,4kB]
Rcb:15 2006-05-11-1340.12.pdiff [327B]
Rcb:16 2006-05-11-1340.12.pdiff [8005B]
Rcb:17 2006-05-11-1340.12.pdiff [357B]
Rcb:18 2006-05-11-1340.12.pdiff [327B]
Rcb:19 2006-05-11-1340.12.pdiff [17,4kB]
Rcb:20 2006-05-11-1340.12.pdiff [8005B]
Rcb:21 2006-05-11-1340.12.pdiff [357B]
Rcb:22 2006-05-11-1340.12.pdiff [327B]
Rcb:23 2006-05-11-1340.12.pdiff [8005B]
Rcb:24 2006-05-11-1340.12.pdiff [357B]

Onde van os 3 MBs? Qué é iso de 12 kB??? Algo falla… Por fin recordei que onte se actualizara o paquete apt á versión 0.6.44. Unha das novidades desta versión, que se poden ver no changelog de apt, é:

apt pdiff support from experimental merged

Ata agora, sempre que facías un apt-get update, se o programa vía que había unha versión nova do Packages.gz, baixábao enteiro (eses 3 MBs). Dende hoxe, ó observar unha nova versión de Packages.gz, en vez de o baixar todo, debe mirar os ficheiros novos coas diferencias e báixaos (ese cantos kBs).

Polo de agora só funciona para a rama inestable e para as arquitecturas i386 e amd64.

Estiven buscando información sobre este cambio en internet, pero non atopei nada. Na estructura de directorios de ftp.debian.org/debian hai 2 novidades (que eu vexa):

  1. Novo subdirectorio chamado Packages.diff, no directorio onde se atopa o Packages.gz, con ficheiros comprimidos con gzip con cambios para Packages.gz (ftp://ftp.debian.org/debian/dists/sid/main/binary-ARQUITECTURA/Packages.diff)
  2. Novo subdirectorio chamado Contents-ARQUITECTURA.diff, no directorio onde se atopa o Contents-ARQUITECTURA.gz, con ficheiros comprimidos con gzip con cambios para o Contents-ARQUITECTURA.gz (ftp://ftp.debian.org/debian/dists/sid/Contents-ARQUITECTURA.diff)

Así que, parece que apt-file tamén se poderá aproveitar da actualización só das diferencias do Contents.Levábase agardando moito tempo por esta mellora, e por fin se produciu. Para min chegou tarde, dende hai uns meses deixei de me conectar a internet cun modem 56kb e xa tanto me tiña… pero todo o que sexa aforrar ancho de banda sempre é benvido.


Categories

Calendario

Maio 2006
M T W T F S S
« Abr   Xuñ »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin