Hoxe correu a súa última carreira na Fórmula 1 o mellor piloto da historia nesta disciplina deportiva: Michael Schumacher. Os seus números son impresionantes: 7 títulos de campión do mundo, 91 victorias, 4741 voltas como líder da carreira (22.155 kilómetros, máis da metade da lonxitude do ecuador), 68 pole positions e 76 voltas rápidas. Deste piloto chegouse a dicir que era capaz de quitarlle medio segundo por volta a calquera piloto correndo co mesmo coche. E si, como en toda vida tamén hai puntos negativos, pero os seguidores do deporte disfrutamos da calidade dos deportisas a diferenza dos seguidores do mundo rosa que critican a deportistas por non seren modelos a seguir pola sociedade.

O meu seguimento da Fórmula 1 foi sempre da man de Michael Schumacher, razón pola que o día de hoxe é un día especial para min. Ata 1994 nunca vira unha carreira, ata o tráxico grande premio de Ímola: o venres o xove Rubens Barrichello tivo un accidente que provocou que non puidese corre-la carreira, o sábado morreu Roland Ratzenberger na calificación e o domingo morreu Ayrton Senna na carreira. A nova deixoume en estado de shock. Non sei moi ben o que me atraeu deste deporte, pero supoño que sería a suma de técnica, velocidade, destreza e risco. Así que, ese mesmo ano empezei a colle-lo costume de quedarme esperto ata as tantas un par de fins de semana ó mes á espera de ve-lo duelo entre Schumacher e Damon Hill.

Dende que anunciara a súa despedida da competición en Monza parecía que a mala sorte o acompañaba: en Suzuka sufría un abandono cando ía en cabeza deixáballe as cousas moi fáciles a Fernando Alonso para gaña-lo seu segundo campionato do mundo e na calificación de Interlagos sufría problemas mecánicos que facían que saíse de décimo. Por todo isto, ó ver que picaba unha roda despois de adiantar a Giancarlo Fisichella, acabei chorando de rabia coma un cativo. Era unha inxustiza que a súa carreira acabase deste xeito. Nese momento non sabía que Schumacher aínda me tiña preparada unha última tarde de emoción ó remontar dende as últimas posicións, onde quedara ó cambia-la roda, ata unha máis que meritoria cuarta posición.

Sen dúbida, o máis grande.


2 Responses to “Michael Schumacher retirouse coma o campión que é”

  1. 1 Dan

    Hoxe correu a súa última carreira e menuda carreira; con case una volta de desventaxa chegou practicamente a alcanzar á cabeza da carreira; una das mellores remontadas da historia da F1. Gracias Schumacher, volvinme emocionar vendo una carreira de F1. Oxalá que este home non se disvincule deste mundo.

    Agora que De la Rosa xa non comenta as carreiras, e con case medio ano por diante… home, Schumi… podrías aprender castelán e fichar por Telecinco… non sei… con tanto tempo por diante… sen nada que facer… pénsao 😉

  2. 2 Xosé Otero

    Non mo imaxino de comentarista. Pero… habendo que lle pague a burrada que poida pedir…


Categories

Calendario

Outubro 2006
M T W T F S S
« Set   Nov »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
3K2 theme by Hakan Aydin