hacker emblemHai uns días lin un artigo, en inglés, sobre que fai que unha linguaxe de programación sexa boa. Este artigo fíxome prantexarme cales son as características dunha linguaxe de programación para que me resulte atractiva. Antes de nada recalcar que falo de estética, non de utilidade: unha linguaxe atractiva pode non ser útil, e viceversa.

As caractéristicas dunha linguaxe de programación atractiva, en orden de maior a menor importanza, son as seguintes:

  1. Claridade do código. O código debe ser fácil de ler e de entender. Non só a comida entra polos ollos.
  2. Comunidade de desenvolvedores. Unha comunidade grande de programadores, ademais de ser sinónimo dunha linguaxe útil, tamén é sinónimo dunha maior axuda (listas de correo) e documentación (páxinas web, libros, etc).
  3. Documentación. Ademais da documentación precisa para aprende-la linguaxe en si, tamén se deben poder consultar pequenas dúbidas do xeito máis rápido posible. Ó programar calquera programa, ata o máis cativo, pódensenos presentar multitude de dúbidas: nome exacto dunha función, orde dos parámetros, etc. Un programador non debe ter que coñecer todos estes detalles, para isto está a documentación.
  4. Facilidade de aprendizaxe. Aprender unha linguaxe aportános satisfación ó conquerir algo que queriamos. Porén, debe haber o menor tempo posible dende que se empeza a aprender unha linguaxe ata que se fai o primeiro programa útil, máis aló dos pequenos programas de aprendizaxe tipo ola mundo!
  5. Flexibilidade. A linguaxe non debe impoñer un único xeito de resolver un problema. A flexibilidade significa liberdade para o programador.
  6. Evolución continua. Unha linguaxe en evolución continua, pero respetando a compatibilidade cara atrás, amóldase ás necesidades dos programadores.
  7. Velocidade de execución. En último termo, se ademais das características anteriores o programa se executa rápido, mellor que mellor.

En definitiva, trátase de conseguir a maior satisfación posible coa linguaxe.


Categories

Calendario

Outubro 2006
M T W T F S S
« Set   Nov »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
3K2 theme by Hakan Aydin