Dogmas de fe na programil-sofía

hacker emblemNa programación hai dous dogmas de fe:

  1. Todo problema ten alomenos unha solución
  2. Sempre hai unha solución perfecta para cada problema

Hai veces que, depois de lle dar voltas a un problema, atópase unha solución provisional, que resolve o problema, pero no momento de vela xa se sabe que só é provisional (léase unha chapuza en maior ou menor grao) xa que non é bonita. Só cando atopas a solución perfecta debes de deixa-la búsqueda.

Sábese que a solución é perfecta porque ten tódolas cualidades positivas: fermosura, eleganza, eficenza, existenza, etc. Polo tanto, é perfecta porque existe e existe porque é perfecta. Isto é unha dobre recursión, un guiño ós programadores.

Moitas veces haise que conformar coa solución provisional porque tes que seguir adiante, pero sempre pesa sobre a túa concienza terte rendido na búsqueda da perfección ou non ser o suficientemente intelixente para atopala. É entón cando alguén di “é a mellor solucion que se atopou”. Somos humanos, non deuses, non nos é doado crea-la perfección.

A procura da solución perfecta é o que converte a un bo programador no que é.


Categories

Calendario

Maio 2006
M T W T F S S
« Abr   Xuñ »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin