Novell é a nova SCO

Groklaw analiza o pacto Novell-Microsoft[1] suliñando as similitudes entre SCO e Novell na loita contra a GPL. Hai uns anos, SCO meteuse nun xuízo contra IBM intentando probar a invalidez da GPL (o proceso acabou desvariando). Agora, cando se estaba a ver que o xuízo se decantaba definitivamente do lado de IBM, Novell pacta con Microsoft un acordo polo que Novell pode emprega-las patentes de Microsoft.

O caso SCO e Novell teñen dous puntos en común:

  1. Microsoft está detrás dos dous procesos. No caso de Novell directamente, e no caso de SCO ó apoia-la económicamente polo tempo en que empezaba o xuízo.
  2. Os dous casos provocan un recelo no mercado sobre a seguridade de apostar polo software libre, temendo por problemas xudiciais pola posibilidade de empregar código patentado por Microsoft.

Ata agora, o caso Novell-Microsoft só era teórico, pero hai un par de días comprobouse o comezo da colaboración entre as dúas empresas. Novell anunciou que engadiría a OpenOffice soporte para Open XML[2], o formato que Microsoft creou para loitar contra o Open Document. Que pasaría se ese formato estivera (ou está, non sei como está o asunto) baixo patentes de Microsoft? Que pasaría se Novell se dedicara a engadir código baixo patentes de Microsoft a proxectos de software libre? Supoño que acabaría habendo forks deses proxectos, pero onde o código do fork de Novell non se podería aproveitar polo proxecto inicial, mentres que Novell podería coller todo o novo código que se fose engadindo ó proxecto inicial. Isto iría en contra dos fundamentos do software libre.

Segundo Richard Stallman, a GPLv3 aínda non tiña previsto un ataque deste tipo, así que se traballará neste punto para a próxima versión provisional da mesma. Xa quedarán menos que estexan en contra da GPLv3, non?


[1] Vía Slashdot.
[2] Vía OSNews.


4 Responses to “Novell é a nova SCO”

  1. 1 Miguel

    Non estou de acordo. En primeiro termo en Europa non existen patentes así que o xogo de patentes non é válido aquí, inda que as dinamicas das empresas se movan por estes pola trascendencia nos Usa. En segundo lugar, o pacto Microsoft/Novell semella máis mutualista ca un vals de traizóns. Microsoft perde no sector dos servidores e teme perder agora a peza clave do sector: os desenvolvedores, que fuxan a outras plataformas para a produción (virtualización!). Dende o meu punto de vista, o que Novell pode ofrecer (Linux, virtualización) ós de Microsoft un xeito de manter a este sector e o cabo mante-lo monopolio. Pola outra banda, Novell (que tamén é americana!) busca capacidade de mercado (distribución) e cartos para desenvolve-los seus produtos (en concreto 300 mill. de dolares ou algo parecido) así coma inmunidade fronte ó exercito de viboras da abogacia dos de Redmon. O pacto semella puramente comercial e non creo que Novell poida ser calificada dese xeito. Ó cabo o pacto memo podería beneficiar a Linux, claro, sempre que non se entenda o código aberto de xeito tan extremo coma a comunidade Debian, a cla respeto, o entende.

    Ah, OOs de Novell non sera de ningunha maneira un “fork” senón unha versión para a súa distribución.

  2. 2 Xosé Otero

    Grazas polo comentario, fíxome darlle un pouco máis á cabeza 🙂

    A pesares de non haber patentes de software en Europa, que haxa patentes nos USA tamén nos pode afectar ós europeos debido a que o software libre é un movimento global. Se un proxecto ve problemas co código de Novell nos USA, haberá unha división da comunidade (o que temo que sexa a finalidade do pacto). Ogallá teñas razón sobre o motivo do pacto e que só afecte a estas dúas empresas, pero eu prefiro ser precabido; máis aínda tendo en conta que Microsoft estivo detrás do xuízo de SCO.

    O problema de fondo que vexo é a confianza que se pode ter, a partires de agora, no código que aporte Novell a proxectos de software libre. Pensa que os creadores de software libre non só son empresas grandes coa posibilidade de defende-lo seu programa diante dun tribunal. Pola outra banda, que pasa cos usuarios que non empreguen os produtos de Novell? A comunidade dividirase entre os usuarios que estexan libres de problemas de patentes e os que non.

    A evidenza de que o pacto non concorda cos postulados do software libre está en que van modifica-lo draft da GPLv3 para loitar contra este tipo de pactos. Sendo mal pensado, parece que atoparon o xeito de saltarse a GPLv2, permitindo ós usuarios pero non a Novell, facer uso das patentes que teña Microsoft.

  1. 1 Show us the code at Cousas de xentiña
  2. 2 Novidades do terceiro esbozo da GPLv3 at Cousas de xentiña

Categories

Calendario

Decembro 2006
M T W T F S S
« Nov   Xan »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin