gnuSimon Phipps, Chief OpenSource Officer de Sun, explica a razón pola que Java será “GPLv2 only”[0] polo de agora… E digo “polo de agora” porque o cambio á GPLv3 é moi prabable. Phipps falou con Richard Stallman sobre que Java saia coma “GPLv2 only”, é dicir, sen o “or any later version“, e estiveron dacordo coa motivación. De tódolos xeitos, pensa que posiblemente se cambiará a licenza á GPLv3 cando esta sexa oficial:

Sun non podía de boa fe comprometerse a empregar unha licenza non definitiva para unha base de código tan importante.

Espero que a poidamos empregar, pero eu non podo expresar esa esperanza comprometéndome por adiantado.

Phipps recorda que Sun estivo colaborando na elaboración da GPLv3 dende o principio e móstrase moi favorable coa nova versión da licenza:

Haberán máis borradores, máis comentarios e eu persoalmente estou seguro de que sairá unha licenza eficaz ó final do proceso a próxima primavera.


[0] Vía Barrapunto.


1 Response to “A razón de que Java sexa “GPLv2 only””

  1. 1 Sun podería licenciar Solaris baixo a GPLv3 at Cousas de xentiña

Categories

Calendario

Decembro 2006
M T W T F S S
« Nov   Xan »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin