Debian Etch conxelada

Logotipo de debianHoxe anunciouse, na lista de correo debian-devel-announce, a conxelación de Debian Etch, a próxima versión de debian. Debido a problemas internos do proxecto, os prazos previstos para a saída de Etch víronse retrasados.

Dende agora, en Etch non entrarán nin novos pacotes nin novas versións de pacotes xa existentes, só entrarán arranxos ós pacotes existentes (e de forma manual). Só falta que se arranxen tódolos Release Critical Bugs, para que a próxima versión de debian saia á luz.

En palabras de Andreas Barth, responsable da publicación de novas versións:

Etch is now frozen! Wheeeeeee!!!

Pódese ve-lo e-mail completo co anuncio no blogue de mares, portos e portas.


Categories

Calendario

Decembro 2006
M T W T F S S
« Nov   Xan »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin