Como así se indica ó pe de tódalas páxinas do blogue (nun correcto inglés).

Onte Pedro Silva anunciou a dispoñibilidade de tres novos engadidos para os blogues de blogaliza, entre eles Spam Karma 2. Spam Karma 2 pretende evita-lo spam tanto en comentarios como en trackbacks. Xa había outro engadido para evita-lo spam nos comentarios, a imaxe antispam nos comentarios, que desactivei.

Espero que acabe co spam vía trackbacks que recibía. Polo momento aguantou ben o primeiro día, e como tamén se di ó pe da páxina, xa bloqueou 4 trackbacks con spam 🙂

Actualización: 113 mensaxes de spam, entre comentarios e trackbacks, detectados nunha semana!


3 Responses to “Este blogue está protexido por Spam Karma 2”

  1. 1 Dan

    Xa notara que non aparecía a “palabra-imaxe” antispam ó enviar os comentarios; pensaba que era cousa da Wii 😀

    Agora, cando fagas reconto das estadísticas, tamén pódexlle dedicar un apartado ó spam.

    Aínda así, coma se controlan os falsos positivos?

    Tira un pouco mal Glogaliza a estas horas…

    Boh™!

  2. 2 Xosé Otero

    >> Aínda así, coma se controlan os falsos positivos?

    Moi sinxelo. Como tiven que facer cos teus últimos 8 comentarios 😀 O filtro anti spam non elimina os comentarios/trackbacks que detecta coma spam, só os mete nunha cola de spam. Os comentarios/trackbacks da cola de spam pódense rescatar ou eliminar definitivamente.

    Ós comentarios dánselle unha puntuación. Os que teñen puntuación negativa son spam, os que teñen puntuación positiva non o son. O curioso cos teus comentarios (non sei se foi por enviar tantos repetidos ou por envia-la mesmo texto 4 veces seguidas) foi que revisou 2 comentarios teus que foran anteriormente calificados coma spam e mandounos á cola de spam 🙂

    >> Tira un pouco mal Glogaliza a estas horas…

    Non. Os teus comentarios foron detectados coma spam e non se publicaban :p

    >> Boh™!
    Spammer! 😀

  3. 3 Dan

    O primeiro xa o detectou coma spam, xa que ó intentar reenvialo coma fixen decíame que exe comentario xa exisía.

    Pensaba que era cousa de Blogaliza.


Categories

Calendario

Decembro 2006
M T W T F S S
« Nov   Xan »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin