python poweredCo logotipo da esquerda faise ver ós visitantes dunha web que se está empregando e apoia python. Existen dúas versións do logotipo en dous tamaños que se atopan na páxina The Python Powered Logo.

Este logotipo está feito por Just van Rossum. Se estás algo posto no mundo python seguro que che soa ese apelido… Just é o irmán de Guido van Rossum, creador de python.

A razón deste post non é que python me pareza a mellor linguaxe de programación que coñeza, que está claro que é. A razón deste post é que calquera pode usar este logotipo, pero baixo unha licenza moi particular (traducción libre):

Just van Rossum, dende agora en adiante O DESEÑADOR, cede a calquera que use Python (O USUARIO) o dereito de usa-lo logotipo de enriba (O LOGOTIPO), contendo o slogan “Python Powered” (O SLOGAN), co único propósito de fomenta-la Linguaxe de Programación Python (PYTHON) e máis nada. O DESEÑADOR posúe o copyright completo do LOGOTIPO excluíndo O SLOGAN que foi inventado por moita outra xente ó mesmo tempo, así que eles teñen que falar por si mesmos. Bla bla bla bla. Bla SEN GARANTÍAS bla bla EXPLÍCITAS bla bla bla bla OU IMPLÍCITAS bla bla bla. Bla. Bla bla a Redistribución Ilimitada do LOGOTIPO polo USUARIO Sen Modificacións está Permitida bla bla bla bla a condición de que O USUARIO non Cobre polo LOGOTIPO ou pola súa visualización ou transmisión bla bla bla bla bla bla. Ó mirar para O LOGO, estás aceptando esta LICENZA. Se non estás dacordo con esta LICENZA, non deberías ter mirado para O LOGOTIPO.

copyright © 1997 Just van Rossum

Vamos, que o humor repartíuse entre os irmáns por igual 🙂


1 Response to “Licenza do logotipo “Python Powered””

  1. 1 Licenza de SQLite at Cousas de xentiña

Categories

Calendario

Maio 2006
M T W T F S S
« Abr   Xuñ »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin