UMeet 2006

Hoxe comeza a VII Conferencia Internacional de UNIX en UNINET[0], ou UMeet 2006 para abreviar, que terá lugar durante unha semana (do 12 ata o 19 de decembro). Os relatorios realizaranse por IRC, na canle #linux do servidor irc.uninet.edu. Estes relatorios relizaranse en inglés e castelán ó mesmo tempo, grazas ás traducións simultántea do equipo de tradutores.

Para saber os relatorios que se van a realizar e cando, pódese consulta-lo programa (aviso: as horas do programa están en GMT, polo que hai que sumarlle unha hora).

Os relatorios máis interesantes, para min, son:

  • KDE 4 o xoves, 14 de decembro, ás 20:00, por Aaron J. Seigo Calgary.
  • Qt 4.2: Unha nova era para os desenvolvedores de Qt o sábado, 16 de decembro, ás 22:00, por Gustavo Paredes Kazak.
  • Mandatory Access Control (MAC)[1] o luns, 18 de decembro, ás 20:00, por Borja Marcos Sarenet.
  • Sesión de preguntas e respostas sobre a GPLv3 o martes, 19 de decembro ás 19:00, por Richard Stallman.

Actualización: Cambio do relatorio sobre a GPLv3, que agora será impartido por Stallman.


[0] Vía Barrapunto.
[1] Información sobre Mandatory Access Control.


3 Responses to “UMeet 2006”

  1. 1 Dan

    Últimamente parece haber conferencias en todas partes agás en Fene; polo que se ve este ano non se animaron a facer nada por estos lares… 🙁

  2. 2 Xosé Otero

    AGNIX estivo organizando unha conferencia galego-portuguesa polas mesmas datas da conferencia en fene de ano pasado.

  1. 1 Inderal for varrucae treatment.

Categories

Calendario

Decembro 2006
M T W T F S S
« Nov   Xan »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin