Calidade alimentaria máxima

Aínda que pareza mentira, o título desta anotación refírese ós compoñentes dunha purificadora de auga 🙂 Se acostumades ver como cociña Karlos Arguiñano, como os meus pais, saberedes que emprega unha xerra purificadora de auga de marca BRITA. Na listaxe de preguntas máis frecuentes da súa web podemos atopar esta xoia:

Pregunta: O meu fillo rempeu o cartucho filtrante cun martelo e comeu parte do que contía… é perigoso?
Resposta: Tódolos materiais empregados nun cartucho filtrante Brita non son tóxicos[0], teñen unha calicade alimentaria máxima e non son perigosos. Especificamos a indicación “MANTER FORA DO ALCANCE DOS NENOS” como norma de sentido común… de feito, a ninguén lle gusta comer carbós e gránulos.


[0] É un problema de tradución ó castelán, debería pór “Ningún material empregado nun cartucho filtrante Brita é tóxico”. Non atopei na FAQ en inglés esta pregunta.


5 Responses to “Calidade alimentaria máxima”

  1. 1 xunqueiro

    Máis normas de sentido común:

    En una caja de jabón Dove:
    INDICACIONES: UTILIZAR COMO JABON NORMAL.
    (¿cómo se usan los jabones… NO normales…?)

    En algunas comidas congeladas Swan:
    SUGERENCIA PARA SERVIR: DESCONGELAR PRIMERO.
    (A alguien se le ocurriría comerlo congelado??????)

    En el postre Tiramisu marca Savory (impreso en la parte de abajo de la caja)
    NO DAR LA VUELTA EL ENVASE.
    (¡Uuuuups! ¡Demasiado tarde!…)

    En un paquete de una plancha Rowenta:
    NO PLANCHAR LA ROPA SOBRE EL CUERPO.
    (Sin comentarios)

    En un jarabe contra la tos para niños:
    NO CONDUZCA AUTOMOVILES NI MANEJE MAQUINARIA PESADA DESPUES DE USAR ESTE MEDICAMENTO.
    (¿Los niños manejan automóviles y maquinaria pesada?????)

    En un cuchillo de cocina coreano:
    IMPORTANTE: MANTENER FUERA DEL ALCANCE DE LOS NIÑOS Y LAS MASCOTAS.
    (¿Qué mascota podría jugar con un cuchillo????… Quién sabe qué mascotas tienen los coreanos)

    En una tira de luces de Navidad fabricadas en China:
    SOLO PARA USAR EN EL INTERIOR O EN EL EXTERIOR.
    (Ojo, única y exclusivamente…)

    En un paquete de frutas secas de American Airlines:
    INSTRUCCIONES: ABRIR EL PAQUETE, COMER LAS FRUTAS SECAS.
    (Se debe tener presente que en los aviones viajan personas de culturas y costumbres muy diferentes …)

    En una sierra eléctrica sueca:
    NO INTENTE DETENER LA SIERRA CON LAS MANOS.
    (No se me habría ocurrido hacerlo!!!)

    En la caja de un televisor Wauta TV340
    ANTES DE MIRAR UN PROGRAMA ENCIENDA EL TELEVISOR.
    (Error………..primero debe enchufarse)

    En el manual de un teclado RAZOR Keyboard XP.
    SI SU TECLADO NO FUNCIONA, ESCRIBA UN E-MAIL A: TECH@RAZOR.COM
    (¿Cómo les escribo el mail????. No tengo teclado…)”

  2. 2 Xosé Otero

    O do teclado recordoume a cando fun a por unha pantalla nova porque se me estropeara a que tiña e o rapaz deume a URL da página web da tenda para que mirara características/prezos (machiño, acáboche de dicir que non teño pantalla!).

  3. 3 Dan

    E pregúntome eu; como se che deu por mirares esa información?

  4. 4 Xosé Otero

    Comparando filtros de auga para miña nai.

  5. 5 Dan

    Boh, que resposta máis politicamente correcta 😀


Categories

Calendario

Decembro 2006
M T W T F S S
« Nov   Xan »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin