O deber de coñece-lo galego é anticonstitucional?

Carlos Ruíz Miguel, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago, publicou un artigo co título “Nuevo ataque al castellano en Galicia“[0]. Neste artigo afirma, como especialista na materia, que é anticonstitucional que unha lei a nivel galego estableza o deber de coñece-lo galego. Esta afirmación susténtaa no feito de que o artigo 3 da Constitución Española di:

El castellano es la lengua oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla […] Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus respectivos Estatutos.

Deste artigo, Carlos Ruíz Miguel extrae que:

Todos los ciudadanos tienen derecho a usar la lengua castellana (y, por otro lado, no tienen el deber de conocer el gallego –ni el catalán–).

Dacordo, chegou a hora de emprega-la expresión IANAL (I am not a lawyer, non son avogado). A miña lóxica e sentido común non me chegan para ver en que contradí o deber de coñece-lo galego á Constitución. Un pouco de teoría de conxuntos (coller lápis e rotuladores de cores):

  1. Un conxunto español ten o deber de coñece-lo español.
  2. Un subconxunto galego, pertencente ó conxunto español, ademais ten o deber de coñece-lo galego.

O subgrupo galego tería o deber de coñecer dúas linguas, é isto inconstitucional? Non o creo. E se en realidade o fose, sería outra boa razón para a súa modificación. O problema da súa argumentación reside en que “non te-lo deber de coñece-lo galego” é distinto a “te-lo dereito a non coñece-lo galego”.

En definitiva, o artigo tenme un aquel á retórica de “una, grande y libre”. Non chego a entender a razón pola que é absurdo que en Galiza se estableza o deber de coñece-lo galego. Lingua, que por certo, é a lingua co-oficial do estado con maior porcentaxe de coñecemento entre a súa poboación (a poboación á que lle é propia).


[0] Vía chuza!


Categories

Calendario

Xaneiro 2007
M T W T F S S
« Dec   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin