A NSA colaborou na seguridade de Windows Vista

O próximo 30 de xaneiro estará dispoñible para os usuarios de a pé Windows Vista. Segundo Microsoft, durante o desenvolvemento do novo sistema operativo centráronse principalmente na seguridade, para así intentar facer esquecer ós usuarios a asociación entre Windows e sistema inseguro. A seguridade de todo sistema operativo que se conecte a internet é importante para tódolos usuarios da rede, aínda que non o usen, pero máis aínda tendo en conta que é o sistema operativo dominante (máis do 90% do mercado).

A ledicia desaparece ó enterase de que na mellora da seguridade de Windows Vista estivo involucrada a NSA[0] (Axencia Nacional de Seguridade estadounidense). A NSA ten dúas misións: a primeira é defende-las comunicacións dos Estados Unidos para que non sexan interceptadas e a segunda é intercepta-las comunicacións do resto do mundo. Así, a NSA é a impulsora de ECHELON, a rede internacional de captación de comunicacións por múltiples canais (internet, teléfono, etc). Quen nos pode asegurar que a NSA non introduciu no código de Windows Vista algún tipo de porta traseira para poder entrar no equipo cando queira? Ou que non envía a información do equipo á súa sede? Neste caso o termo spyware estaría mellor empregado que nunca.

Si, poderei ser un paranoico, pero a miña paranoia tería arranxo se Windows Vista fose software libre. Así que, este caso é unha razón práctica para defende-lo software libre sobre o privativo en termos de seguridade.


[0] Vía OSnews.


Categories

Calendario

Xaneiro 2007
M T W T F S S
« Dec   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin