VDriftVDrift é un simulador de carreiras de código aberto. O nome deste xogo deriva de drift, unha técnica de condución consistente en derrapar. Tendo en conta de onde ver o seu nome, podemos pensar, acertadamente, que se presta especial importanza á correcta simulación da física dos coches. Unha das características deste xogo é a súa alta calidade gráfica dos circuítos, con moitos detalles que se agradecen.

As comparacións son odiosas, pero falando de simulación de carreiras e de software libre, temos que falar de TORCS. TORCS é un xogo feito e dereito, con moitos anos de desenvolvemento, mentres que VDrift aínda non ten ben dous anos de desenvolvemento. Isto nótase en algún que outro bloqueo que podemos atopar en VDrift e en que o sistema de varios xogadores está nunha fase moi inicial. A sensación é que VDrift se achega máis á realidade que TORCS.

Coches

Existen varios coches, cada un coa súa forma de se comportar: máis ou menos potenza, agarre, tración, etc. Así, para comezar o mellor pode ser o MI (Mini), un coche moi manexable debido á pouca potenza que ten, pero suficiente para ir coñecendo os circuítos. Unha vez que se coñezan os circuítos podemos pasar a palabras maiores. Unha evolución suave podería seguir con o TC (Toyota Corolla), FF (Formula 3?), GT (Porsche GT) e T73 (Cooper T73).

Un detalle a ter en conta é que as rodas pódense bloquear se freamos moi forte e que cunha marcha curta, dependendo do coche, podemos derrapar/trompear se aceleramos todo de golpe.

Circuítos

Non hai unha cantidade abrumadora de circuítos, pero si moi variados. Así, temos dende circuítos urbáns como Mónaco ou Detroit ata circuítos de velocidade como Monza, pasando por outros grandes coñecidos coma Spa-Francoschamps, Laguna Seca ou Le Mans.

Interface

O primeiro é atopa-la cámara que mellor nos praza. Existen tres cámaras principais (teclas F1…F6):

  1. Vista dende o morro do coche: a típica cámara para senti-la velocidade.
  2. Vista dende a posición do conductor: mesma sensacións que a anterior pero con menos visión (algúns coches deixan ver moi pouco con esta cámara).
  3. Vista dende fora do coche: para deleitarnos co coche. Existen cámaras exteriores fixas e móviles.

A pantalla divídese en dúas partes:

  1. Na parte superior temos os tempos: volta actual, volta anterior e volta rápida.
  2. Na parte inferior temos as revolucións/marchas e o conta quilómetros.

Varios xogadores

O modo de varios xogadores aínda non está moi traballado, só podendo xogar dous xogadores mediante rede. O xogador que fai de servidor elixe o circuíto. Unha vez conectados, os dous xogadores vense pero non existe cálculo de colisións, co que non poden chocar.

Versión 2006-10-26
Licenza GPL

Capturas de pantalla

FF-Monza_0FF-Monza_1

FF en Monza

FF-Spa_Francorchamps_0

FF en Spa-Francorchamps

GT-Laguna_Seca_0

GT en Laguna Seca

T73-Monaco_0T73-Monaco_1

T73 en Mónaco

TC-Jarama_0TC-Jarama_1

TC en Jarama


1 Response to “VDrift: Open source drift racing simulaton”

  1. 1 VDrift 2007-03-23 at Cousas de xentiña

Categories

Calendario

Xaneiro 2007
M T W T F S S
« Dec   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin