Sun podería licenciar Solaris baixo a GPLv3

gnueWEEK está a informar de que, segundo fontes anónimas próximas a Sun, Solaris poderíase licenciar baixo a GPLv3 (e maila CDDL)[0]. Hai que salientar que polo de agora non é máis que un rumor posto que ninguén de Sun dixo nada ó respeto oficialmente. Como aclaración á posible dobre licenza de Solaris aclarar que cando un producto ten varias licenzas o usuario ten a liberdade de elexir entre elas a que mellor se adapte ás súas necesidades.

A fonte de eWEEK comenta que:

A próxima versión de Solaris incluirá cousas como as aplicacións GNU, o que xa se intentou con OpenSolaris, mentras que outras solucións de código aberto de outras comunidades para cousas coma a xestión de pacotes tamén parecen moi prometedoras. Licenciar OpenSolaris baixo as licenzas CDDL e GPLv3 podería facer que isto suceda máis facilmente.

Con tódalas reservas posibles, tampouco sería sorprendente de todo que Sun acabara optando pola GPLv3. Cando se anunciou que Java estaría licenciado baixo a “GPLv2 only”, xa se manifestou que moi probablemente se acabe licenciando coa GPLv3.

De se convertiren os rumores en realidade, Sun estaría demostrando que é unha das empresas que máis apoia ó software libre. Este apoio obsérvase na liberación de OpenOffice.org e Java así como na contribución á creación dende o principio da GPLv3.

Finalmente, unha situación interesante acontería ó ser Solaris o primeiro sistema operativo GPLv3. O mundo do software libre tería dous núcleos á elexir: Linux coa GPLv2 e Solaris coa GPLv3 (Nexenta). Poderíalle quitar mercado Solaris a GNU/Linux con este movimento?


[0] Vía Linux-Watch.


Categories

Calendario

Xaneiro 2007
M T W T F S S
« Dec   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin