torcsTORCS é un simulador de carreiras de código aberto. Ó ser un simulador non te esperes poder dar unha curva a 20 km/h de máis sen que o coche che de un susto.

TORCS ten varios puntos fortes:

  1. Adictividade
  2. Gráficos moi bos con coches auténticos moi conseguidos
  3. Boa xogabilidade (unha vez te acostumas ás características do coche)
  4. Configurabilidade total do coche: podes pintalo como queiras, podes modificar decenas de parámetros (ángulo do alerón, altura do coche, etc)

Para vos convencer, nada mellor que un vídeo (de hai algún tempo):

[gv data=”KgSZoPM9DrY” width=”425″ height=”350″][/gv]

Coches
Cada coche é totalmente distinto ó resto: uns corren máis, outros agarran mellor, uns consumen menos, outros son máis bonitos…
Os coches agrúpanse en 3 categorías:

  1. Históricos: Coches importantes hai varias décadas. Tenden a ser difíciles de conducir porque se van nas curvas, en todas elas, non só nas pechadas. O mellor dos coches históricos é o Ferrari 330 P4: moita máis velocidade que o resto e mellor conducción.
  2. Deportivos: Velocidades máximas e facilidade de conducción. Resulta curioso, pero os coches máis rápidos son os máis fáciles de conducir. O mellor coche entre os deportivos é o Porsche GT1: velocidade máxima e sensación de velocidade.
  3. WRC: Coches de rallies. Con estes coches tes que estar freando seguido, se empezaches a conducir cos deportivos é dificil adaptarte: curvas que antes vías fáciles agora ves que tes que frear. Nesta categoría non hai un coche que sexa o mellor con diferenza. Se che gusta conducir con tranquilidade e levando o coche polo seu sitio a túa elección debe ser o Mitsubishi Lancer EVO V WRC; se pola contra o que queres son derrapadas e potencia a túa elección debe ser o Peugeot 206 WRC.
  4. Outros: Formula 1, escarabello, etc.

Circuítos
Hai 3 tipos de circuítos:

  1. Asfaltados: Circuítos de competición onde se poden alcanzar grandes velocidades.
  2. Terra: Circuítos lentos, revirados e con baches.
  3. Ovalados: Circuítos de velocidade pura, a maior parte do tempo estás acelerando menos nas 3-4 curvas que soen ter.

Modos de xogo
Hai 5 modos de xogo:

  1. Práctica: Ideal para probar coches e circuítos. Corre un único coche. Elixes circuíto, coche e as voltas que queres dar.
  2. Carreira rápida: Igual que a práctica pero podendo correr varios coches á vez. Escolles as posicións de saída.
  3. Carreira de non campionato: Primeiro fanse 3 voltas onde o mellor tempo decide a túa posición de saída. Logo, fanse 2 roldas: a primeira e unha carreira normal, pero na segunda só corren os 8 primeiros da primeira carreira pero coas posicións invertidas (o primeiro sae oitavo).
  4. Carreira de resistenza: 3 voltas para decidila posición de saída e logo voltas e máis voltas, varias horas correndo. Neste modo fai falla facer varias paradas en boxes para poder rematar.
  5. Carreira DTM: Compiten varios coches, pero correndo dun en un para ver quen fai mellor de volta.
  6. Campionato: Varias carreiras tipo “Carreira de non campionato”. Vanse gañando puntos por cada carreira segundo a posición en cada unha das roldas.
Interface
A primeira vez que xogues non esquezas premer F1 nada máis entrar. Nesta axuda ves cómo cambiar a cámara, e os elementos da interface.Hai dous tipos de interfaces. Aquí só comentarei a que ven por defecto, porque a segunda é tipo arcade (tecla 0) e non ten nada que comentar.

  • Tempos (esquina superior esquerda, acciónase coa tecla 1) Aquí podes mirar o tempo que levas na volta actual, o teu mellor tempo e a diferencia do mellor tempo coa volta anterior. Ademais, podes ver a diferencia que tes co anterior e seguinte coche.
  • Revolucións e velocidade (parte inferior central, acciónase coa tecla 2)
  • Posicións (esquina inferior esquerda, acciónase coa tecla 3) 10 primeiras posicións da carreira máis a tú se estás fora desas prazas.
  • Espello retrovisor (parte surperior central, acciónase coa tecla 9)
  • Trazado do circuíto (esquina superior dereita, acciónase coa tecla m) Premendo varias veces na m podes cambia-la presentación. Eu recomendo a presetnación onde se ve o circuíto de forma relativa a ti, porque así sabes como son as curvas e para onde antes de chegar a elas.

Hai moitos tipos de cámaras. Para xogar son as da tecla F2. Para facer capturas de pantalla e ver unha carreira onde non xogues F11, que é como ver unha carreira pola televisión (a maioría das capturas de pantalla están sacadas con esta cámara).

Varios xogadores
É posible xogar varios xogadores á vez na mesma máquina. Para isto hai que crear varios xogadores, configurarlle os controis (que non coincidan) e meter ós dous xogadores na carreira. A pantalla dividirase entre os xogadores. É recomendable xogar dende fora do coche, porque dende dentro vese todo distorsionado.
Polo de agora non é posible xogar en rede, pero todo se andará, de seguro.

Versión 1.2.4
Licenza GPL

Capturas de pantalla

torcs-0 torcs-1
Coches históricos nun circuíto asfaltado

torcs-2 torcs-3
WRCs nun circuíto de terra

torcs-4 torcs-5
Interface (vista dende fora e vista dende dentro)

torcs-6
Parada en boxes

torcs-7
Dous xogadores


1 Response to “TORCS: The open racing Car Simulator”

  1. 1 VDrift: Open source drift racing simulaton at Cousas de xentiña

Categories

Calendario

Maio 2006
M T W T F S S
« Abr   Xuñ »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin