A principal virtude do home fronte a outras especies é a súa capacidade de adaptación. Esta característica fixo que, aínda que non sexámo-lo animal máis rápido nin o máis forte, poideramos chegar ata onde hoxe estamos.

Os ancestros do home vivían nas árbores. Só se baixaban delas para pasar dunha árbore a outra. Pero chegou un momento en que os ancestros dos home empezaron a súa evolución. Baixaron das árbores e empezaron a erguerse. Grazas a este paso conseguiron libera-las mans e empezar a facer ferramentas.

Chegado a un momento, a humanidade empezou a domesticar animais. Deste xeito conseguía obter comida dun xeito máis sinxelo, xa que tiña a comida a man e non a tiña que ir cazar. Outras das consecuencias da domesticación de animais foi que o home descubreu os medios de transporte. Montándose nun cabalo podía percorrer distancias máis longas e rápido do que nunca antes poidera facer. A evolución dos medios de tramsporte chegou ata os nosos días, con vehículos que nos permiten saír do planeta.

Existen infinitos exemplos da nosa capacidade de adaptación ós medios. A capacidade de facer e empregar ferramentas é o que nos distinguiu do resto dos animais. Esta capacidade foi o que nos permitiu adaptarnos a entornos que non nos eran favorables e dominalos. Agora ben, que pasa cando alguén decide que temos que deixar de aproveitarnos da nosa característica definitoria?

No século pasado, coa creación das primeiras computadoras, o home conseguiu unha ferramenta que lle permitía, por un lado, facer cálculos dun xeito máis rápido e preciso e, por outro lado, almacenar grandes cantidades de información. Co paso das décadas, esta ferramenta foise mellorando ata permiti-lo almacenamento de distintos tipos de información: textos, fotografías, música, vídeo, etc. As computadoras permitían algo nunca visto ata o de agora: duplicar un obxeto cun custe marxinal cero.

Hai un par de décadas pensouse que sería interesante poder conectar uns ordenadores que estivesen separados por distancias longas para que poideran compartir información. Así, creouse o que hoxe coñecemos como internet. Grazas á unión das computadoras e de internet conseguiuse un xeito de duplicar información e transferi-la por todo o mundo. Este é un dos nosos maiores logros ata o momento, se é que non é o maior.

Lamentablemente, hai xente contraria á nosa natural evolución. Hai xente que prefire quitarnos a capacidade de compartir información dun xeito máis doado para o beneficio duns poucos. Esta xente defende a involución. Non é a primeira vez que involucionamos, pero unha cousa está clara: de seguro que se damos un paso para atrás na evolución, dentro de máis ou menos tempo virá outro renacemento.

É inevitable. É a nosa natureza, o que somos e como o conseguimos ser.


2 Responses to “Dous mil e pico: A odisea das computadoras e internet”

  1. 1 Roberto Brenlla

    Bo e moi descritivo artigo, noraboa! Por suposto, concordo que o “Home está condenado a ser libre” como di Jean Paul Sartre; poderemos ter atrancos, impedimentos… mais, se son na contra da liberdade, pouco tempo demoraremos en desfacernos deles.

    Lamento que a cita de Sartre sexa sexista, daquela consideremos neste caso o termo “home” como “humanidade” 😉

  1. 1 Entrevista á presidenta de Microsoft Ibérica na TV3 at Cousas de xentiña

Categories

Calendario

Xaneiro 2007
M T W T F S S
« Dec   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin