Evolución no apoio ó software libre

gnuO movimento do software libre empezou no ano 1983 cando Richard Stallman creou o proxecto GNU. Dende ese ano ata os nosos días o número de programas que adoptaron este tipo de licenzas foi aumentando.

Para que o movimento do software libre fose en aumento fixo falla que un grupo de persoas se adicasen a apoialo, a difundi-las súas ideas. Este grupo foi evolucionando co paso do tempo segundo a súa relación co software libre.

Nunha primeira etapa foi Richard Stallman quen tivo que evanxeliza-lo mundo coa idea de software libre. El era o creador do movimento e para que haxa movimento ten que haber máis que un. 🙂

Nunha segunda etapa outros desenvolvedores uníronse a Richard Stallman no apoio ó software libre. Para un desenvolvedor o software libre permítelle facer mellor e máis sinxelamente o seu traballo. En concreto a liberdade 1 [1] permítelle estudar como se resolveron certos problemas anteriormente para poder resolver outro parecidos ou relacionados e a liberdade 3 [3] permítelle crear unha aplicación complexa aproveitando código xa existente (sen ter que reinventa-la roda).

Nunha terceira etapa os usuarios (non son desenvolvedores) uníronse ós anteriores. Estes usuarios non se aproveitan das liberdades 1 e 3 pero si das liberdades 0 [0] e 2 [2]. É dicir, aprovéitanse da dispoñibilidade do software indirectamente.

O importante é que os desenvolvedores e usuarios fan un traballo complementario. Os desenvolvedores poden convencer máis facilmente a outros desenvolvedores co que se promove o aumento da cantidade de software libre dispoñible. Pola outra banda, os usuarios poden convencer máis facilmente a outros usuarios co que o número de usuarios de software libre (convencidos da ética do software libre) aumenta.


[0] Liberdade para executar o programa, con calquera propósito.
[1] Liberdade para estudiar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades; unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte.
[2] Liberdade para redistribuír copias e así poder axudar ao veciño.
[3] Liberdade para mellorar o programa e publicar as melloras, beneficiándose así toda a comunidade. Tamén é condición a priori para isto ter acceso ao código fonte.


Categories

Calendario

Febreiro 2007
M T W T F S S
« Xan   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  
3K2 theme by Hakan Aydin