Despois da inexperada publicidade que recibiu Simple World fíxeronme dúas preguntas sobre o proxecto.

Por que se emprega ensamblador para o código dos bichos e non unha linguaxe de alto nivel?

Noutros proxectos similares créanse robots que pelexan os uns cos outros. O código destes robots é un programa executado pola propia máquina, polo que pode estar escrito en calquera linguaxe de programación.

Simple World é un pouco máis complexo que este tipo de proxectos. En Simple World os bichos pódense reproducir, co que, o número de bichos que poden estar vivos nun determinado momento pode ser grande podendo saturar a máquina se houbese un proceso por bicho. A solución é facer que todo Simple World sexa un proceso que vaia executando unha fracción do código dos bichos un detrás do outro. Ademais, deste xeito conséguese que tódolos bichos teñan o mesmo tempo de CPU e non se depende do planificador de procesos do sistema operativo.

Había que definir unha linguaxe para o código do bicho. Unha linguaxe de baixo nivel garante dispersión do código, co que unha variación nel (mutación do código na reprodución) é máis fácil que non modifique drasticamente o resultado.

Por que non se subiu o proxecto á forxa de mancomún.org?

Estíveno mirando, pero ó final decanteime por Source Forge. A razón foi que ó estar en galego impide que xente con outra lingua poida participar no desenvolvemento do proxecto. Se fose un proxecto relacionado co galego non tería dúbida.


4 Responses to “Un par de respostas sobre Simple World”

  1. 1 Roberto Brenlla

    Espero non terche posto nun compromiso con iso da publicidade que non contabas….

  2. 2 Xosé Otero

    Ó contrario, foi un subidón de adrenalina 🙂

  3. 3 Spaviladiyo

    Sígueme parecendo que o do ensamblador é unha frikada 😀 Pero adiante meu, moita sorte co invento, quén sabe, quizabes algún día o Simple World faise “xogo estandar” dalgunha party 🙂

  4. 4 Xosé Otero

    Nunha party tan friki coma para que se mencione Simple World non quero estar nin tolo! (Agora entendo a mítica frase atribuída a Groucho Marx) 😉


Categories

Calendario

Febreiro 2007
M T W T F S S
« Xan   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  
3K2 theme by Hakan Aydin