gnuRecentemente a TV3 fíxolle unha entrevista a Rosa María García [0], presitenta de Microsoft Ibérica, apropósito da recente saída de Windows Vista, a nova versión do sistema operativo de Microsoft. Desta entrevista gustaríame puntualizar un par de puntos.

[gv data=”http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=673343797601531998″ width=”500″ height=”410″][/gv]

Preguntada sobre a piratería, dixo:

Teño tres fillos e quero de verdade que un día traballen en España. Tróuxenos dos Estados Unidos para que de verdade disfruten da sociedade española. E vexo que a nosa sociedade ten que se mover, a economía tense que mover a unha economía que será unha economía de intanxibles. Cando os nosos fillos queiran entrar a traballar aquí non haberá empresas que fagan o coñecemento. É coma se en Cataluña cada noite roubaran os últimos coches que se fan nas fábricas. Cantas fábricas de coches crees que habería? Ningunha. Entón, dame medo porque España é un país cun alto nivel de piratería, un 46%, e iso está asustando a moitísimas das inversións de empresas que nos interesa ter aquí e que son de intanxibles. Non che estou a falar só de software, estouche a falar tamén de deseño, fáloche tamén de música.

Comparto a idea de que o importante para unha sociedade moderna é o coñecemento dos seus cidadáns. Esa é unha das razóns profundas do software libre. O código fonte, que non o software, é unha forma máis de transmisión de coñecemento: un envase, coma un libro. Por exemplo, nun programa que calcule a área dun polígono ten que estar a correspondente fórmula; así, tendo acceso ó código fonte dese programa tense acceso á devandita fórmula.

O software privativo, como o de Microsoft, é contrario á libre divulgación do coñecemento. Este tipo de software pretende gardar para si mesmos este coñecemento, sen que saia ó exterior. É unha idea que non comparto, prefiero o estilo de desenvolvemento científico máis acorde coa propia evolución do ser humano.

Outro tema importante que menciona é que teñen que vir empresas de fora para crear coñecemento. O modelo de Microsoft, software privativo, é ése: multinacional estranxeira que instala no país unha sucursal. Este tipo de empresas non interesan en realidade posto que a riqueza vaise para fora do país. O que interesa son empresas autóctonas con posibilidade de estar ó nivel das multinacionais estranxeiras. Outra vez, o software libre é un modelo moito máis axeitado para isto que o software privativo.

A seguinte pregunta da entrevistadora foi:

Ahí detrás está a filosofía do software libre. Por iso nós entrevistamos a Stallman aquí e precisamente falaba desa filosofía, de que non se tivera que pagar polos programas. Se foran máis baratos quizais non habería tan piratería, non?

Efectivamente, o software libre era a resposta ó que comentara Rosa María García, sorprendeume. A mágoa é que co único que se quedara sobre o software libre, despois de entrevistar a Richard Stallman, fora que é gratuíto. Nin que aquí “libre” e “gratis” fosen a mesma palabra (free en inglés). Precisamente, que poida ser gratuíto é un efecto colateral, para nada o máis importante sobre o software libre.


[0] Vía Kriptópolis.


2 Responses to “Entrevista á presidenta de Microsoft Ibérica na TV3”

  1. 1 goretoxo

    dios!
    deume noxo escoitala… repeticion e repeticion da “experiencia”, repeticion e repeticion da “liberdade para escoller”, e “os hackers”, e “os usuarios normales que so queren da tecnoloxia para ver as fotos do veran”….

    espantosa, abofe…

  2. 2 Xosé Otero

    Hai que mira-lo lado positivo: di que os usuarios de [GNU/]Linux somos xente á que nos gusta pensar, co que se deduce o que pensa dos usuarios do seu producto 😀


Categories

Calendario

Febreiro 2007
M T W T F S S
« Xan   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  
3K2 theme by Hakan Aydin