Steve Jobs defende un futuro sen DRM

Steve Jobs, cofundador e presidente de Apple, apoia nun recente escrito que tódolos ficheiros de música que se vendan por internet non conteñan DRM [0][1]. Oír falar ó presidente da compañía que fabrica o IPod, o producto con DRM de maior implantación, sobre isto choca un pouco.

Jobs comenta que os ficheiros baixados de ITunes teñen DRM porque foi o único xeito de que as principais distribuidoras de música aceptasen que puideran vender música por internet. Tendo en conta isto, propón que agora hai tres alternativas:

  1. Seguir como ata o de agora, é dicir, seguir vendendo música con DRM que prohibe que se poida escoitar estos ficheiros noutros dispositivos distintos ós que a baixaron.
  2. Permitir que outras compañías que vendan música por internet poidan emprega-lo mesmos DRM que emprega ITunes para que os ficheiros se poidan reproducir en tódolos reproductores.
  3. Eliminar o DRM da música vendida por internet.

Jobs descarta a primeira alternativa argumentando que só o 3% da música dun IPod foi baixada de ITunes polo que os usuarios non están empregando o dispositivo para música sen DRM. Jobs descarta a segunda alternativa xa que o DRM para que funcione ten que ser un segredo e un segredo coñecito por tanta xente acabaría sendo publicado. Así pois, a única alternativa viable é a terceira, elminina-lo DRM da música.

O máis importante do que comenta Jobs é que di que o DRM facasou, que hai demasiada xente contrario a esta idea e con medios para loitar en contra. Isto evidiénciase buscando en calquera buscador de internet a palabra “DRM” xunto con algún producto que incorpore esta tecnoloxía: a maior parte dos resultados son anuncios de que se puido saltar esta proteción. Moitos xa o dixeran antes, pero non alguén tan importante para a industria.


[0] Vía OSnews.
[1] Vía Slashdot.


Categories

Calendario

Febreiro 2007
M T W T F S S
« Xan   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  
3K2 theme by Hakan Aydin