Drivers privativos das Creative X-Fi

Creative anunciou na súa web sobre open source o pasado 18 de maio que no segundo trimestre do 2007 sacará drivers privativos para Linux das súas tarxetas de son X-Fi.Algúns din que é unha boa nova, para min non o é, de seguro. Cada vez é máis difícil ter un sistema GNU/Linux sen drivers privativos e aproveitando ó 100% a máquina. Primeiro foron as tarxetas gráficas coa aceleración 3D. Posteriormente as tarxetas de rede wireless con ndiswrapper para o emprego de drivers de Microsoft Windows en linux porque dalgúns modelos só hai drivers para este sistema operativo. E agora as tarxetas de son de Creative. Que será o seguinte?

Logo algúns sempre que se fala de Linux comentan que necesita una estabilización da ABI (Interface binaria da aplicación)… Para qué?, para ter máis e máis restriccións sobre a máquina? Cando compras unha televisión, a que che dan un manual dicindo como funciona o mando a distancia? Pois dende hai demasiado tempo as cousas non son así no mundo da informática: ti compras unha tarxeta gráfica, por exemplo, e o fabricante en vez de che dar as especificacións da tarxeta dache un driver e aínda lle tes que da-las grazas. A escusa soe ser que non se dan as especificacións para non dar detalles á competencia sobre a implementación (non se vaian a enterar de que están a empregar métodos patentados pola competencia) Eu, dende logo, aínda sabendo que é o que pasa cando premo o botón 1 no mando a distancia non teño nin idea de cómo funciona unha televisión…

Vía LinuxJuegos.


Categories

Calendario

Xuño 2006
M T W T F S S
« Mai   Xul »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin