Enfoque errado de Show us the code

Acábase de publicar un artigo en Linux-Watch no que se se comenta a recente campaña Show us the code. Neste artigo coméntase que a campaña está mal enfocada, que o problema son as patentes de software e non o FUD de Microsoft. Para loitar contra as patentes de software pódese apoiar a PUBPAT, a Linux Foundation’s patent commons ou a SFLC (Software Freedom Law Center).

Tradución de parte do artigo orixinal:

Na última campaña FUD (das siglas das palabras en inglés medo, incertidume e dúbidas) de Microsoft –non vos equivoquedes, íso é o que é isto– Ballmer non está a afirmar que Linux conteña algún tipo de violación do copyright de Microsoft. Isto era, no seu día, o que afirmaba SCO, non Microsoft.

Neste asalto contra Linux, Ballmer está facendo alusión a que Linux está infrinxindo o enorme cartafol de patentes que posúe Microsoft. E, cando se refire a patentes, non se ten que ensinar “código” algún.

Esa é parte do erro diabólico, como o vexo eu, do sistema de patentes americano. Con moitas, quizais a maioría, das patentes de software non hai unha linguaxe específica, un código, tan só descripcións de procesos xenerais que poden ser implementados de moitos xeitos.
Como Bradley M. Kuhn, director executivo da Free Software Fundation (FSF) me dixo hai uns anos, é “difícil escribir hoxe calquera programa de software –sendo software libre ou privativo– dende cero que non empregue as ensinanzas de algunha patente de software nos Estados Unidos”.


Categories

Calendario

Febreiro 2007
M T W T F S S
« Xan   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  
3K2 theme by Hakan Aydin