GPL vs BSD: dúas visións do software libre

O software libre está lonxe de ser un movimento homoxéneo. Lonxe de ser unha desvantaxe, é unha grande avantaxe. Grazas a esta diversidade o software libre consegue adaptarse mellor ás necesidades propias de cada individuo. Así, temos distintos sistemas operativos (GNU/Linux, NetBSD, FreeBSD, OpenBSD, OpenSolaris, etc), distintos ambientes de escritorio (KDE, GNOME, XFCE, Blackbox, etc), etc.; en definitiva, onde escoller.

Esta diversidade non só se pode observar no software en si, senón que tamén nas licenzas que este ten. As licenzas máis significativas son a BSD (e derivadas) e a General Public License (GPL). A preferenza dunha sobre a outra é unha decisión principalmente política.

A licenza BSD ten moi poucas restricións. Para cumpri-la licenza tan só hai que engadir a licenza tanto no código en si, como na forma compilada do mesmo.

A licenza GPL é máis restrictiva. Esta licenza esixe que cando se distribúa a forma compilada do código se faciliten ó receptor as fontes coas que se obtivo a forma compilada. Outra das súas características é que só se pode misturar con código compatible coa GPL (o que se deu en chamar caracter vírico da GPL).

Nas comparacións entre as dúas licenzas acostuman aparecer certos comentarios, que non por moi oídos deixan de medias verdades:

  1. A falicia da liberdade: Un argumento que se soe escoitar, especialmente por parte de programadores, en contra da GPL é que a BSD ofrece máis liberdade ó permitir que se empregue código nesta licenza, modificalo e distribuilo sen ter que ofrecer código fonte algún. Aquí obsérvase un dato importante: a GPL ofrece liberdade para os usuarios do software, sexan ou non programadores, e non para os programadores deste software.
  2. A falacia do cambio de licenza: Un erro que se acostuma cometer é pensar que o código BSD se pode relicenciar por terceiros. Unha obra só pode ser relicenciada polo propio autor (ou pola totalidade do grupo de autores). A BSD permite misturar o seu código con calquera outro código, sen importar a licenza, ou modificalo sen a necesidade ofrece-las fontes ó usuario.

Unha avantaxe da BSD fronte a GPL é que a BSD permite unha máis rápida expansión dun estándar, debido a que tanto productos libres coma privativos poden coller este código e engadilo ó seu código. Para obter un resultado similar poderíase empregar a GNU Lesser General Public License (LGPL), a irmá da GPL, que permite que unha biblioteca baixo esta licenza poida ser ligado (link) por calquera outro código.

Unha desvantaxe da BSD fronte á GPL é que se se produce un fork de código BSD, o fork poderá facer modificacións e mante-las pechadas, seguindo beneficiándose cos novos engadidos ó software orixinal, pero non ó revés. A GPL obrigaría a que o fork tivese que ser GPL tamén e polo tanto tamén se podería beneficiar o software orixinal dos novos engadidos ó fork. Esta é a razón pola que as grandes empresas prefiren libera-lo seu código coa licenza GPL, xa que prefiren poder controlar mellor o seu producto.


Categories

Calendario

Marzo 2007
M T W T F S S
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
3K2 theme by Hakan Aydin