The battle for Wesnoth

wesnothThe battle for Wesnoth é un xogo de estratexia por turnos con toques de rol ambientado nun mundo fantástico.

Os toques de rol obsérvanse na variedade de unidades que existen, as habilidades individuais de cada unidade, nos distintos aparellos máxicos que se poden atopar no campo de batalla ou en que as unidades ó gañar certa experiencia evolucionan en unidades máis poderosas.

Para vos convencer, nada mellor que un vídeo promocional:

[gv data=”EIt69vznegs” width=”425″ height=”350″][/gv]

Habilidades de grupo
Cada raza ten unha alineación con respecto ó Sol.

  • Legal: Polo día son un 25% máis fortes, pero pola noite son un 25% máis débiles.
  • Caótico: Pola noite son un 25% máis fortes, pero polo día son un 25% máis débiles.
  • Neutral: Non se ve afectado o seu rendimento ó longo do día.

Habilidades individuais
Ó recrutar unha unidade, esta leva asociada unha serie de habilidades aleatorias. Isto fai que haxa diferencias entre dúas unidades do mesmo tipo.

  • Resistente: aguanta mellor os ataques inimigos.
  • Rápido: anda máis por turno.
  • Forte: fai ataques máis fortes.
  • Intelixente: necesita menos experiencia para avanzar de nivel.

Ataques
Cada unidade ten distintos ataques. A información importante é o número de veces que ataca e o dano que fai. Non tódolos ataques dan no inimigo, aleatoriamente os ataques dan no branco ou non.
Ó atacar a nosa unidade e maila inimiga atáncase alternadamente ata que os dous acaban o número de ataques ou un morre.
Cando atacamos podemos elexir entre os distintos ataques que a nosa unidade teña. Antes de atacar deberemos elexir previamente as unidades que máis dano poden facer, así por exemplo, hai veces en que una unidade inimiga non ten ataque de longa distancia, co que os nosos arqueiros lle poderanlle atacar sen recibir ningún.

  • Distancia curta: espada, lanza, etc.
  • Distancia longa: frechas, maxia, etc.

Razas
En wesnoth existen varias razas:

  • Humáns: legais. Non teñen ningunha especialidade innata, pero poden aprender. Son especialmente poderosos os magos, que poden chegar ata o nivel 4, sendo prácticamente invencibles.
  • Elfos: neutros. Están especializados no manexo do arco. Son superiores ó resto nos bosques. Teñen curandeiros que axudan a ter o exército ben de vida.
  • Orcos: caóticos. Fortes nos ataques corpo a corpo, pero sen defensas ante ataques a distancia.
  • Ananos: neutros. Teñen unha armadura forte polo que son lentos pero moi fortes.
  • Non mortos: caóticos. Teñen unidades moi baratas de recrutar. Son vulnerables ós ataques máxicos. Certas unidades ó matar a un inimigo fan que se aliste ó exército (non se perde un inimigo, gáñase un soldado!).
  • Dragóns: legais. Soen poder voar, co que se desprazan moi rápidamente.

Ouro
Nada é gratis, todo teu o seu prezo. As unidades en wesnoth non combaten por ideais ou ideas honorables, senón que por ouro. En cada turno as unidades cobran en ouro o equivalente ó seu nivel, é dicir, unha unidade de nivel 1 cobra 1 peza de ouro, unha unidade de nivel 4 cobra 4 pezas de ouro.

A forma de gañar cartos é facéndose co maior número de aldeas posible. Por cada aldea tomada en cada turno recíbense 2 pezas de ouro. Así, en batallas longas o que soe acabar gañando é aquel que en cada momento tivo un número maior de aldeas co que ir recrutando un maior número de unidades.

Vida
Nunha batalla tan importante é matar unidades inimigas coma que non che maten as túas. Hai varios xeitos de que unha unidade recupere puntos de vida:

  • As aldeas dan 8 puntos de vida ás unidades que estén nela.
  • As unidades coa habilidade de sanar reparten 4 puntos de vida entre as unidades que estexan pegadas a ela, ou se a unidade está envenenada evita que perda puntos de vida.
  • As unidades coa habilidade de curar reparten 8 puntos de vida entre as unidades que estexan pegadas a ela, ou se a unidade está envenenada cúraa.
  • Unha unidade que durante un turno non se moveu e non entrou en combate recupera 2 puntos de vida.

En total unha unidade só podo gañar ata un máximo de 8 puntos de vida máis 2 puntos de vida por non se mover, é dicir, 10 puntos de vida.

Tipos de partidas

  • Tutorial: paso imprescindible para todo aquel que xogue por primeira vez. No tutorial ensínanche o máis importante que hai que saber sobre o xogo.
  • Campaña: unha historia na que o xogador é o protagonista nunha sucesión de batallas que hai que ir gañando.
  • Varios xogadores: mapas individuais nos que poden xogar varios xogadores (ou a máquina xogando coma un ou varios deles) na mesma máquina ou a través da rede.

Versión 1.1.5
Licenza GPL

Máis informacion no wiki de wesnoth (en inglés).

Capturas de pantalla

wesnoth-0
Axuda de wesnoth

wesnoth-1 wesnoth-2
Partidas entre varios xogadores

wesnoth-3
Selección do ataque


Categories

Calendario

Xuño 2006
M T W T F S S
« Mai   Xul »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin