gnuDespois de catro anos de xuízo entre SCO e IBM, por fin hoxe, SCO sinalou o código de Linux sobre o que di ter dereitos[0]: 326 liñas. Alá polo ano 2003, cando empezou o xuízo, SCO afirmaba que Linux infrinxía o seu copyright sobre máis dun millón de liñas de código. Así pois, SCO Linux sería un sistema operativo derivado do seu UNIX, e como non dera permiso para empregar ese código, era un traballo ilegal.

326 liñas non son moito, sobre todo pensando en que Linux ten máis de 5 millóns de liñas de código. Pero quizáis esas liñas son as máis importantes de todo o código, aquelas sen as que o sistema operativo só sería basura. Pois ben, o 90% desas liñas son ficheiros de cabeceira (headers) onde se define o que se fai pero non o como. Ademais, a maior parte desas liñas son comentarios.

Aínda que esas liñas fosen escritas no UNIX de SCO e fosen copiadas a Linux sen permiso, SCO distribuíu ese código coma GPL. Sabedes cal foi a miña primeira distribución de GNU/Linux? Caldera Open Linux (ou algo así) aló polo ano 1997. Esta distribución era de Caldera Systems, empresa que despois de adquirir certas divisións da Santa Cruz Operation, cambiou o nome a SCO Group, é dicir, a actual SCO. É dicir, SCO distribuíu ese código baixo a GPL, polo que, no caso de que esas liñas tivesen copyright de SCO, poderían ser empregadas baixo a GPL porque a propia SCO as ofreceu con esa licenza.

Producíronse hoxe dous guiños cun aquel humorítico. En primeiro lugar, SCO afirmaba que Linux infrinxía o copyright de código que SCO escribira para ser engadido en Linux, pero que nunca se introduciu porque ningún desenvolvedor de Linux estivera dacordo en facelo. En segundo lugar, IBM afirmou que SCO infrinxiu o copyright de 700.000 liñas de código de Linux que IBM escribiu e que SCO distribuiu despois de infrinxi-la GPL ó non permiti-la redistribución do software.

Catro anos agardando ve-lo código que SCO dicía que Linux contía irregularmente, para acabar segundo o esperado. Ou é que alguén pensaba que o (temido) gran xigante azul se ía a meter en xuízo sen saber por adiantado que ía gañar? É máis, sen saber que ía sacar beneficio publicitario? Só recordar que IBM é unha das empresas de Estados Unidos cun departamento xurídico máis grande, que IBM é a empresa a que máis patentes se lle conceden e que IBM era económicamente infinitamente máis valiosa que SCO.

[0] Vía slashdot.


2 Responses to “SCO vs IBM: Todo por 326 liñas de código”

  1. 1 Samo

    Ei! Jrasias por te pasares por o meu cutre blog a votar no concurso de nomes de pelis porno.

    intentarei pasarme máis veses por acá.

    saúde!

  1. 1 de mares, portos e portas » pechando

Categories

Calendario

Marzo 2007
M T W T F S S
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
3K2 theme by Hakan Aydin