A GPLv3 é máis software libre ca nunca

gnuFabio A Mazzarino comenta no seu recomendable blogue, Doses Diárias, as razóns polas que pensa que a GPLv3 non é software libre. Partindo de que a súa intención era provocar e que a min provócaseme moi facilmente, aquí vai a miña réplica. O que segue pretende ser unha putualización ou matización, máis que unha crítica. A seguir co flame! 😉

Serviços on-line – o conceito de copyleft na GPLv3 é ligeiramente expandido. Ainda não há um consenso sobre a utilização de serviços online, e na definição de quem é usuário, e de quem é prestador de serviço. A conseqüência é que usuários de serviços on-line talvez tenham acesso ao código fonte da aplicação.

O actual borrador da GPLv3 ten previsto unha licenza básica á que se lle poderán engadir cláusulas adicionais, asegurándose a compatibilidade do software baixo a GPLv3 con máis ou menos cláusulas adicionais. Unha destas cláusulas opcionais, efectivamente, expande o significado do usuario do software ás comunicacións por rede. Isto é o que diferenza á GPLv2 da Affero General Public License.

Para o usuario, non existe ningunha diferenza fundamental entre empregar un lector de correo instalado na súa máquina e empregar un servizo web que lle permita a mesma funcionalidade. Tan só hai unha capa extra de abstración. Entón, por que debería ser tratado de forma distintas estes dous tipos de software? Con esta medida preténdese defende-la liberdade #1 da definición de software libre [0].

DRM (Digital Rights Management) – um dos principais pontos de controvérsia. Todo software licenciado sob a GPLv3 não pode implementar nenhum tipo de mecanismo de DRM, ou seja, não pode haver nenhum tipo de restrição ao acesso ao conteúdo.

Ísto é preciso para evita-la tivonización. Se tes acceso ó código fonte, máis non o podes modificar, para que che serve? A tivonización evita que se poida exerce-la liberdade #3 da definición de software libre [0].

A GPLv3, ao proibir a implementação de qualquer tipo de mecanismo de DRM está cerceando a liberdade dos usuários e dos programadores, deixando para trás seus ideais de liberdade em prol do combate a uma tecnologia que não vai deixar de existir simplesmente pelo fato de uma licença coibir seu uso.

A primeira liberdade que ten un programador é a de aproveitar ou non un código xa existente. Se non se está a favor da licenza dese código, elíxese outro ou empézase dende cero. Ninguén te está a apuntar cunha pistola para que empregues software baixo a futura GPLv3. Por outra banda, sempre se pode facer un fork a partir da última versión baixo a GPLv2 e seguir dende ahí. No software libre existe unha liberalismo total, o mercado elixirá o mellor producto dos dous.


[0] Definición de software libre.


Categories

Calendario

Marzo 2007
M T W T F S S
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
3K2 theme by Hakan Aydin