Busca as diferenzas

Unha anotación do blogue de BadVista deume unha idea para un pequeno xogo. A ver quen é capaz de atopa-las diferenzas entre o software libre e o software privativo. Para tal fin escóllese unha licenza distintiva e ilustrativa de cada tipo.

O preámbulo da GPL di:

As licenzas para a maioría do software e outros traballos prácticos están deseñadas para quita-la liberdade de compartir e cambia-los traballos. En contraste, a GNU General Public License intenta garanti-la túa liberdade para compartir e cambia-lo software libre –para asegurarse de que o software é libre para tódolos seus usuarios.

A licenza de software típica de Microsoft Vista di:

O software é licenciado, non vendido. Este acordo só che dá algúns dereitos para usa-lo software. Microsoft resérvase tódolos outros dereitos. A non ser que a lei aplicable che de máis dereitos a pesares desta limitación, ti podes usa-lo software só como estexa expresamente permitido por este acordo. Ó facer isto, debes conformarte con calquera limitación técnica no software que só che permita usalo de determinadas maneiras.

Veña, se é moi sinxelo… Xa non me deixan dar pistas, pero de verdade que é moi sinxelo. Tan só quedan 5 minutos e as liñas están abertas. Collemos tódalas chamadas!


Categories

Calendario

Abril 2007
M T W T F S S
« Mar   Mai »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
3K2 theme by Hakan Aydin