La Vanguardia faise eco dun documental emitido en Telemadrid sobre o castelán en Cataluña[0]. Este documental, ademais de falar da situación do catalán en Cataluña, adéntrase en temas políticos, pero eu nesta anotación voume centrar exclusivamente no tema lingüistico.

[gv data=”UB9DehZYEAw” width=”425″ height=”350″][/gv]

A primeira impresión que transmite ó velo é que ou está feito con moi mala idea ou ás carreiras; aínda que sen descartar as dúas posibilidades ó mesmo tempo. O certo é que a min non me deixou indiferente, supoño que o mesmo ocorre co público ó que vai destinado. A introdución do documental deixa ben claro o estilo e nivel deste:

En nuestro documental de hoy vamos a hablar de ciudadanos de primera y de segunda, pero no en función de su equipo de fútbol, sinó del idioma. No deja de ser curioso que el idioma, la lengua que utilizamos para comunicarnos, lejos de acercarnos sirva para marcar fronteras incluso dentro de nuestro propio país.

A última frase recórdame moito á búsqueda da linguaxe universal.

Dende Madrid escóitanse dous discursos:

  1. A defenda das linguas minoritarias do estado coma ben cultural (e derivado disto o culturalmente afortunados que son os bilingües).
  2. A imposición do castelán coma lingua obrigatoria do estado.

Mentres que as linguas son minoritarias non hai problema. O problema prodúcese cando esas linguas empezan a ser empregadas por unha maioría da cidadanía. Como se pretende defender este ben cultural? Dende alí non se toma ningunha medida nesta liña. Poida que a súa idea sexa abrir, co tempo, novas salas nos museos para recordar linguas xa esquecidas. Séguese gustando moito das curiosidades regionales de antano.

O problema do bilingüismo reside en que este non existe. Nun mundo ideal, un bilingüe diría as palabras impares no idioma A e as pares no idioma B (e habería enfrentamentos pola orde). Coma esta situación hipotética non se cumpre, en vez de falar de bilingüismo habería que falar de diglosia. O resultado final, a longo prazo, da diglosia acostuma se-la desaparición dunha das linguas.

Por outra banda, se os bilingües temos sorte polo feito de o ser, por que non se aplican o conto cando a xente ven aquí? Efectivamente, cidadáns de primeira e de segunda: cidadáns da metrópole e das colonias.

A miña proposta: Facer un documental sobre cidadáns de primeira e de segunda, pero non en función do seu equipo de fútbol, senón da súa intelixenza e moralidade.


[0] Vía chuza!


2 Responses to “Cidadáns de primeira e de segunda”

  1. 1 Eu no outro lado

    Moi interesante o vídeo. É un típico exemplo, que ben se podería estudar nas escolas de audiovisuais, de amosar as dúas caras da moeda para que o telespectador elixa a opción que máis lle interesa.

    E parabéns polo artigo da búsqueda da linguaxe universal. Atopacha! Linguaxe de signos.

  2. 2 Iván Puentes

    Dios! Non din visto máis de dous minutos. Que noxo! Que demagoxia! Que intolerancia! Que fascismo!

    O peor é que isto en Madrid vende, que hai moita moita xente que actúa e decide en función de argumentos tan simplistas e tan falaces como estes.

    O mellor é cando di que quere matricular ó fillo para que curse tódalas asignaturas en español, porque é un dereito que lle recoñece a Constitución; non sabía eu que a Carta Magna nos recoñecía o dereito a vulnerar a lei, concretamente as leis que determinan a ensinanza das diferentes linguas do estado no sistema educativo español.

    En fin!


Categories

Calendario

Abril 2007
M T W T F S S
« Mar   Mai »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
3K2 theme by Hakan Aydin