xp_vs_sjOnte apareceu unha nova no diario 20 minutos na que Stephen Hawking di que Xoán Paulo II lle pidiu que non estudiara a orixe do Universo.

Segundo Stephen Hawking, o anterior Papa, Xoán Paulo II, dixo:

Está ben estudiar o Universo e onde se orixinou. Pero non se debería profundizar na orixe en si mesma, xa que se trata do momento da Creación e da intervención de Deus.

Unha de dúas:

  1. Xoán Paulo II tiña medo de que se poidera explicar a orixe do Universo sen a necesidade da man dun ser superior.
  2. A demostración, dunha vez por todas, da existencia de Deus acabaría coa fe, algo que é fundamental para o home segundo os antropólogos.
A segunda posibilidade daría lugar a un peor título para este post, e o que é aínda peor, quítame a posibilidade de rematar cunha afirmación como a que segue: dificúltase a canonización de Xoán Paulo II despois da súa perda de fe evidenciada grazas a Stephen Hawking.

2 Responses to “Crise de fe de Xoan Paulo II”

  1. 1 Dan

    Pobre home, era un cachiño de pan 😀

  2. 2 Xosé Otero

    Cala, cala! Que ando con remordementos por deixar que o sensacionalismo entrase no meu blog! 😉


Categories

Calendario

Xuño 2006
M T W T F S S
« Mai   Xul »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin