Hai uns días produciuse un cambio nas X de debian sid. Este cambio provoca que a parte do driver en user-space xa non se poida cargar coas X e que, por tanto, non se pode levantar o modo gráfico. Antes o comando /usr/bin/Xorg -version devolvía coma versión a 7.1.0, pero agora devolve 1.3.0:

xose@debian:~$ /usr/bin/Xorg -version

X Window System Version 1.3.0
Release Date: 19 April 2007
X Protocol Version 11, Revision 0, Release 1.3
Build Operating System: Linux Debian
Current Operating System: Linux debian 2.6.21-2 #2 PREEMPT Thu Apr 26 22:48:45 CEST 2007 i686
Build Date: 21 April 2007
        Before reporting problems, check http://wiki.x.org
        to make sure that you have the latest version.
Module Loader present

Nos foros de rage 3d apareceu a forma de arranxalo; tan só dous comandos. Para a arquitectura x86-32:

sed -i 's/xe8xecx4fxfexffx85xc0x7fx31/xe8xecx4fxfexffx85xc0x90x90/' \
       /usr/lib/xorg/modules/drivers/fglrx_dri.so
sed -i 's/x0fx88x3cx09x00x00/x90xe9x3cx09x00x00/' \
       /usr/lib/xorg/modules/drivers/glrx_dri.so

Para a arquitectura x86-64:

sed -i 's/xe8xaax72xfexffx85xc0x7fx23/xe8xaax72xfexffx85xc0x90x90/' \
       /usr/lib/xorg/modules/drivers/fglrx_dri.so
sed -i 's/x0fx88x3bx08x00x00/x90xe9x3bx08x00x00/' \
       /usr/lib/xorg/modules/drivers/fglrx_dri.so

Eu probeino coa última versión do driver, a 8.36.5, na arquitectura x86-32 e funcionoume perfectamente.

Actualización: A versión 1:7.2-3 de xorg cambiou o directorio onde se gardan os drivers. Antes desta versión, o ficheiro fglrx_dri.so estaba no directorio /usr/X11R6/lib/modules/dri/ para a arquitectura x86-32 e no directorio /usr/X11R6/lib64/modules/dri/ para a arquitectura x86-64.


2 Responses to “Facer funcionar o driver privativo de ATI (fglrx) en debian sid”

  1. 1 Dan

    Varios comandos que apararecen na entrada non se lee ben xa que os comandos solapan o menú da dereita 🙁

    (Firefox 2.0.0.3)

  2. 2 Xosé Otero

    Grazas polo toque.

    Partín os comando en dúas partes e xa collen perfectamente.


Categories

Calendario

Abril 2007
M T W T F S S
« Mar   Mai »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
3K2 theme by Hakan Aydin