Microsoft: divide e vencerás

Microsoft leva máis de medio ano intentando firmar acordos con distribucións de GNU/Linux. Estes acordos cobren a intercomunicación entre os dous sistemas operativos así como unha protección ós usuarios das distribucións firmantes sobre posibles incumprimentos de GNU/Linux sobre as pantentes de Microsoft. Polo de agora Microsoft firmou este acordo con dúas distribucións: en novembro do 2006 Microsoft e Novell firmaron o acordo e en xuño do 2007 Microsoft e Xandros firmaron o acordo.

Este tipo de acordos ofrécelle a Microsoft unha pseudo-proba de que GNU/Linux incumpre as súas patentes. Se GNU/Linux non incumprise as patentes que ten Microsoft, para que quererían as distribucións unha cláusula sobre as patentes? O típico FUD que nunca ven mal, vamos.

Se todo se quedase ahí, non habería ningún perigo. Primeiro: as patentes de software son unha aberración. Segundo: o sistema de patentes estadounidense é un desastre. Terceiro: Hai moitos intereses económicos a favor de GNU/Linux. Se alguén, Microsoft neste caso, intentase atacar a GNU/Linux con patentes, poderíase provocar un cataclismo no sistema de patentes estadounidense.

Outra forma de ver estes acordos é pensar que Microsoft está buscando a forma de atacar a GNU/Linux. A historia de Microsoft está plagada de guerras suxas coa competencia ata os derrotar, conseguindo o monopolio no sector en cuestión de paso. GNU/Linux presenta un problema para esta táctica: é un movimento máis que unha empresa. É dicir, non ten un rival (rivais) claro contra o que loitar.

Estes acordos só se propuxeron a distribucións comerciais, aquelas cunha empresa detrás. Non se propuxeron a distribucións creadas pola comunidade coma por exemplo debian, fedora ou gentoo. Coincidencia? Tendo a ser desconfiado con quen o merece. Estes acordos, a longo prazo, poderían favorecer ás distribucións comerciais sobre as distribucións comunitarias. Os usuarios que fagan caso ó FUD, verán ás distribucións que teñan firmado o acordo con Microsoft como a súa mellor elección.

Unha vez que estexan definidos os rivais, xa se pode empezar a pensar en como os atacar.


Categories

Calendario

Xuño 2007
M T W T F S S
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin